domingo, 3 de noviembre de 2013

Polas fragas do Eume

                                AMENEIRO


"...y cuán turbado está aquel que tiene que volar" Rilke.


a intensidade
non é doada de levar
e aínda máis dificil de pousar

cando quere pechar os ollos
volve a mirada aberta do animal

e contempla por primeira vez
a beleza núa das pólas do ameneiro
tecendo unha arañeira interminable
contra o ceo grís dunha mañá

ese brinco inquedo das entrañas
ese latexo interior inevitable
sempre no limiar do claroscuro
acompaña ao río ata o final.


                    Ana López.

1 comentario:

  1. O teu poema lébrame un delicioso paseo este verán pola fragas do Eume. Grazas por devolverme a esa tarde feliz.

    ResponderEliminar