foi moza algunha vez
percorreu o amor
espida pola alba?
non agocha ningún soño
nos pregues da almofada?
esa voz detida na mentira
levou nun tempo o son cantareiro
da auga dun estanque?
traería ó nacer o sorriso da serpe
có que asoballa a realidade?
volverase atordada
a contemplar a desgraza sementada
a través do espello dun ocaso?
poderá penetrar un anxo
o corazón da pedra
ou terá que desterrar
a esperanza?
Ana López.
É un poema moi íntimo pero sinto que me penetra ata o estremecemento.
ResponderEliminarE a min que me parece que o poema alude a un personaxe publico de nome Dolores....
ResponderEliminar!Ai Dolores! Si Concha é esa Dolores , altiva e mintireira.Costa vela na idade da inocencia ¿non?
ResponderEliminarCertamente Gema os personaxes públicos estremecen.
Grazas as dúas.