viernes, 15 de noviembre de 2013

A imaxe dunha nena que visitaba ao seu pai pechado na fábrica, e as mans dos dous encontrándose baixo os arames pareceume un instante moi fermoso e esperanzador. Esperemos con eles...

                                     A unha nena
 
Non esquecerás
a xornada de loita
no colo da nai.

Nin as mans solidarias
que te levaron polo aire
ata teu pai.

A memoria
gardará os aloumiños do sol
aniñando no pelo.

Cando o lembres de lonxe
farás grande o momento.

Será a túa herdanza
un canto de amor e de esperanza.

                              Ana López.

No hay comentarios:

Publicar un comentario