No paroxismo da tolemia acordaron "externalizar" ao sol.
Alguén apuntou timidamente que xa existían as empresas de enerxía solar. Pero a loira non falaba deso. Muller observadora comprobara que a xente saía á rúa a "tomalo" así polo morro ! sen pagar ningunha taxa. Aseguraba ter visto un home sentado nun banco todo o día a quentarse e seguramente a pensar demasiado en cousas que non lle correspondían, cando a súa obriga era poñerse toda a mañá na cola do INEM .Algunha raioliña caería por alí, entre eso, e a carraxe entraría en calor sen malgastar un ben de todos. Estas oficinas estaban para eso, o do traballo fora a desculpa. Só faltaba que lle tivesen que buscar un traballo, que cada quen atope o seu !
Nos días no que o sol saía con forza as rúas enchíanse de paseantes que agora iban en aumento desde que se lles dera por vender os radiadores. A xente ten moito vicio, porque lles daría por facer cousas así ?
Había que evitar tanto despilfarro. Non pagaban pola auga ? Pois polo sol tamén.
Membros do consello preguntaron se os lagartos terian que pagar unha sobretaxa por ser uns grandes consumidores.
Pronto resolveron a dúbida: cós réptiles farían unha excepción.
Ana López.
Moi bo ...., abofellas.
ResponderEliminarPois eu sei de boa lei que andan na percura dun filtro que mida o aire que inspira cada paisano ....