É que o mércores escoitei a un home no metro preguntando a todo volume: Por que os humanos nos movemos, onde está a nosa enerxía, a pila que nos fai andar sen parar?
Sentín que unha conversación con aquel home sería fascinante pero marchou na seguinte parada. Pero dous días máis tarde escoitei unha curiosa historia nunha pizzería: estaba sentado na barra e explicáballe a un amigo o seu o truco para ser sempre feliz Dicía que tan só radica en crer que cada día é aquel día que te fai tan feliz?. Sexa o Nadal, o teu aniversario, San Xoán. Aquel día ou época especial do ano. E que con ese sentimento, mires á xente e observarás como parece que tamén o están vivindo . Ser feliz só depende de creares o teu mundo e máis concretamente o teu día. E aquel home xúrovos que ría e gozaba dunha forma que non puiden máis que preguntarlle que día era hox. Miroume e díxome sorrindo: Fin de ano. Pero non o digas moi alto. Pero hoxe, mañá e pasado é fin de ano. E pensei no home do metro e souben que quizá o que fai que funcionemos os humanos ten moito que ver cos nosos soños e a nosa imaxinación.. ¡Feliz semana, ou feliz fin de ano....... Albert E |
PATIO DE RECREO É UN LUGAR PARA XOGAR COA LINGUA NO MÁIS AMPLO SENTIDO DA PALABRA ...... E A LINGUA GALEGA É A MÁIS AXEITADA PARA ESES MESTERES ¡¡¡¡¡¡¡¡
domingo, 10 de noviembre de 2013
......OU MOITAS GANAS DE MARCHA
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario