LEVO NO PEITO UN PARDAL
non ten o canto do reiseñor
nin anuncia a primavera
nin espalla de versos
dos poemas
non levo conta
das veces que percorremos a noite
perdidos no labirinto dos afectos
nos misterios da sombra
na fermosura da rosa.
cantas esquinas dobramos
no instante que precede ao soño
aniñou na primeira luz do amencer
no trémulo ventre da auga
espello que confirma ou deforma realidades
guieiro dos pasos que contan os días
pulo na recta da rutina
deixa no po os parásitos
e dame ás para voar
cando anda zanfoneando un gato
non irei soa na última viaxe
levarame á outra ourela
confundido coa terra
un paxaro marrón e solitario.
Ana López.
No hay comentarios:
Publicar un comentario