CARNE Ou FERRO
O outro día no tren unha parella ía camiño de Madrid. De Barcelona a Zaragoza, ela reprochoulle a el a todo volume as razóns da ruptura. De Zaragoza a Madrid, el replicou, case berrando, todo o que lle dixera. Diría que gritaban tanto que non só captaron a atención do noso vagón senón de todo o tren enteiro-
Cando estabamos a piques de chegar a Atocha, o home que eu tiña ao lado e que rozaba os 85 anos, rosmou: Farán as paces antes de que o tren chegue. E xusto cando o tren freaba,
miráronse, bicáronse e abrazáronse.
Observei ao home do meu lado intentando comprender como o pescudou e díxome: A xente fíxase demasiado nas palabras e tan só son unha chea de vocales xuntas, un son que as persoas emitimos e que non serve de case nada . A xente fala pero xamais hai que escoitala. Só sentir o son da súa pel- E o son das súas peles prognosticaba ese final.
E non engadiu nada mais e marchouse. E de súpeto veu á miña mente aquela incrible frase de Freud: Estamos feitos de carne pero temos que vivir coma se fósemos de ferro.
E non engadiu nada mais e marchouse. E de súpeto veu á miña mente aquela incrible frase de Freud: Estamos feitos de carne pero temos que vivir coma se fósemos de ferro.
Boa semana ¡¡
A. Espinosa.
Eu, persoalmente, aposto pola carne aínda que doa. gema
No hay comentarios:
Publicar un comentario