NON SEI EXPLICAR O MOTIVO POLO QUE CANDO ME ÍA POR A ESCRIBIR UN TEXTO PARA A CABEZA ESCULTURA DE MIGUEL, ME ATOPEI CON ALGO QUE PUIDERA COINCIDIR CO PENSAMENTO AO QUE LLE PODE ESTAR A DAR VOLTAS COS SEUS MIOLOS AO AIRE A CABEZA DO BURATO.
" Hai tempo que un animal vive nutríndose do esquezo. Pero eu son a ventrílocua, eu, a tirana louca, a analfabeta. Co magnífico libro das venturas agochado na vulva. A que non comprendeu nada pero sentiuno todo. Son a ventrílocua, a que corre cantando polos corredores de chumbo, con voz de pizarra. E abortar foi unha obriga, unha necesidade fonda, un desafío. Para cando o pálido manto da miña memoria se vai cubrindo desta pel que eu serei. Que todas as noites con devoción escribo arrebatadoras cartas de amor e nas madrugadas panexíricos a esta yolanda mesquiña, que sabe venderse e coñece o final." autora recoñecible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario