miércoles, 6 de noviembre de 2013

POESÍA

tren sin maquinista
percorre camiños
sen deterse en ningures
dende as arterias
do corazón

non pide permiso
nin ordena o tempo
atravesa campos desolados
entre contradiccións e desacordos
sen descarrilar da esperanza

deusa pagana
sen estrelas no fronte
nin diadema de frores
berro desgarrado
cadeas liberadas

ledicia e dor
amor e desamor
sangue da vergoña
incertidume do futuro
frecha na procura da diana

paisaxe múltiple
da condición humana.

                    Ana López.

1 comentario:

  1. Gústame a túa definición de poesía... Eu teño outro poema co mesmo título no que tamén trato de definila... Visións distintas ( no fondo non tanto) dunha mesma cousa.

    ResponderEliminar