PATIO DE RECREO É UN LUGAR PARA XOGAR COA LINGUA NO MÁIS AMPLO SENTIDO DA PALABRA ...... E A LINGUA GALEGA É A MÁIS AXEITADA PARA ESES MESTERES ¡¡¡¡¡¡¡¡
jueves, 21 de noviembre de 2013
DÍA MUNDIAL DOS SEN TEITO --- QUE SARCASMO ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
O SEN TEITO
Lúa chea
noite fría
de vento que morde a pel.
De pronto na noite escura
unha man cólleme o pé.
Na gorxa xéase un berro
que me sobe pola pel
en espiral viborina
que sabe a sal e a fel
Sinto medo e impotencia
sinto vergonza e xenreira
sinto noxo, sinto pena
sinto rabia e estou tristerira.
E voume disimulando
que o que vin non o mirei
pero a conciencia non dorme
nin esquece o que ve.
Miña xoia¡ un ser humano
que el no mundo non ten
onde deitar o seu corpo
e vaise adormecer
nunha friaxe que tolle
e nun chan que non é seu.
E falamos de utopías ¡¡¡¡¡¡¡¡
que mal me sinto
abofé ¡
gema, 28-10-04 ( Libro CINCO SENTIDOS)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Grazas Gema por ser esa voz tan necesaria, pola túa sensibilidade, por estar .Emociónoume.
ResponderEliminar