jueves, 7 de noviembre de 2013

George Orwel escribiu unha gran novela " 1984 " , naquela sociedade vixilada e alienada dous seres fartáronse da farsa e viviron unha historia de amor que contradecía os intereses do poder.Os tempos non son moi diferentes, esperemos que non dirixan os sentimentos.

encontraron o amor
entre os espectros

camiñaron un treito
por areas movedizas

ata que un resorte
acendeu as alarmas

non se refuxiaron
nun peirao seguro

nas praias do poder
agardábaos o silencio.

              Ana López.

1 comentario:

  1. Quizais é que non hai peiraos seguros... Só acubillos temporais...
    Un fermoso e triste poema.

    ResponderEliminar