ALZHEIMER
non lembra cando abriu a porta
para que estraños ocuparan a casa
non lembra cando derrubou os muros do xardín
nin cando as árbores se trocaron en monstros
non lembra cando pintou de branco as paredes
nin en que caixón gardou os nomes e as palabras
non lembra cando esvarou pola espiral do soño
nin quen lle arrincou ó salgueiro as bagoas
non lembra cando invitou ás horas
a habitar este tempo xordo e insondable
Ana lópez.
Que bo poema pero como me fere esa palabra.
ResponderEliminarBello poema, muy logrado, como siempre Ana. A mí n tamen me fere
ResponderEliminarO tema e duro, a vida tamen o e, pero e bo.
ResponderEliminarMoitas grazas ás tres. Celebremos que poidamos vernos e recoñecernos; sair á rúa e sentir bulir a vida ó redor. !Arriba esas cuncas de chocolate!
ResponderEliminar