viernes, 27 de septiembre de 2013

NOVAS RISAS


Esta semana tiven  a sorte de poder probar  unha perna ortopédica nova xunto a un home de 85 anos. E este home impresionoume. Ha ter 14 pernas ortopédicas na súa vida. Gárdaas todas na casa porque pensa que llo merecen, porque cada unha levouno a un sitio e nelas hai parte dos seus recordos.
Comentábame aquel home que cando cambias de perna é coma se cambiases parte do teu ser. A túa forma de andar, a túa respiración e ata a túa risa. E que  morría de ganas de saber como riría con esa perna?
Pero quizais o que mais me encantou é a súa teoría de como nacen os novos modelos de perna. El contoume que terriblemente nacen coas guerras.  Cada guerra trae mutilados e os mutilados traen avances nas pernas.  Relatoume que ano conseguiu cada perna e a guerra anterior que houbo Cadraba todo. É terrible pensar que para que eu ande mellor, ha de haber unha guerra, musitou antes de marchar coa súa perna nova.
Non sei se quedará coa súa quinceava perna, o que vos podo asegurar é que quizais os primeiros pasos os esquezas,  e eses segundos, terceiros ..... pero eses quinceavos novos pasos son absolutamente inesquecibles e incribles.
A. Espinosa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario