Negros cabalos galopan
e acenden cos cascos
o aire do medo.
O aire que axita bandeiras totalitarias.
Ule a sangue.
Apáganse inocentes miradas negras
baixo os puños aceirados
que tapan bocas famentas.
Pes arrastrándose no po seco
nun deserto de preguntas
que ningún deus responde.
Gema, 14-09-13
Os deuses nunca teñen respostas, simplemente, non estan e os que deberian de darnolas permanecen mudos e indiferentes as bocas famentas e aos pes que se arrastran
ResponderEliminarGrazas polo poema. Estos versos de Luis Cernuda son reveladores
ResponderEliminar" En medio del silencio:todos mudos
....................................
que el temor, sin domarlo, así doblega"
As respostas son individuais para non vivir
"sin alegría, libertad ni pensamiento" Estos versos son tamén de Luis Cernuda.