Eu vivín todas as noites coa esperanza da amanecida. E así sucedía.
Cada día traía un agasallo sen envoltura nin lazos, agochado na cotidianidade.
Cando ela chegou a miña vida as noites foron curtas, por máis que se empeñasen en engadirse horas. E cheas de luz as albas.
Moitas veces a lúa tiña envexa de nós e demoraba a súa estadía no ceo un anaquiño máis
-Que fai a lúa de día!
Ríamonos daquela "rareza " da lúa e inventabamos unha explicación nova cada vez que sucedía, sen base ciéntífica naturalmente, só o que dictaba a imaxinación.
Cada día traía o seu agasallo, surxia da vida misma. Eu descubrín cousas que non sabía polos seus ollos.O mundo é diferente nos ollos dunha nena, e inda que nono pareza, moito máis real, por iso non me estrañei demasiado do que aconteceu ese día.
Todas as mañás iamos ó parque preto do mediodía, cúmpriamos coa liturxia do xogo e do sol.Volvín a xogar e a deixarme acariñar pola risa.
De camiño parábamos nun quiosco a mercar o xornal. O quiosqueiro era un home sabio e agarimoso que atendía o negocio sentado nunha cadeira de rodas, pedíanos aos clientes que nos servisemos nós mesmos. Sempre tiña unha brincadeira e unhas palabras amables para a nena, e co tempo fixémonos amigos, polo que aquela parada formaba parte do paseo.El tamén esperaba a nosa visita.
Aquel día parecía que ia ser outro máis, de camiño paramos no quiosco. Ó vernos chegar un sorriso lle iluminou a face e a nena botou a correr.Ó chegar o seu carón o quiosqueiro preguntoulle:
-Qué vas mercar hoxe rapaciña?
-O conto da avoa- respostou.
Quedamos dunha peza!
Como podía saber ela que a maior parte do que lemos nos xornais é un conto?
Os nenos saben cousas que nós non sabemos...
Ana López.
No hay comentarios:
Publicar un comentario