sábado, 21 de septiembre de 2013

Despois do lume...

Non hai cores no bosque,
toda a gama de verdes
amarelos, azuis e vermellos
trocaron en grises e negros.

O recendo das árbores
do mofo e follas secas
é un cheiro de fume.

Non se oen paxaros,
o lobo fuxiu do acubillo
non cantan os grilos
nin "taconean " os saltóns.

Calaron na follaxe as pisadas do amor;
o lume arrasou o leito na herba
e os corazóns gravados no carballo.

A auga dos regatos
leva ao mar a desgraza.

Baixo o manto de cinza
as raíces abrázanse.

Ana López.

No hay comentarios:

Publicar un comentario