E as augas do río
|
O vento da tarde senta na bicicleta.
Sobre as súas rodas
enguedéllanse as nubes
en labirintos radiais
de silencios, de promesas…
Descanso. Palabras de auga,
eclosión de cores nos sorrisos
entre luces amarelas.
Unha suave brisa envolve a conversa.
Voan as letras dun alfabeto ledo
tecendo sílabas nas pedras.
Horas mansas coma aloumiños
sobre a corrente do río.
Envólveas, rapaz, nun pano verde
e gárdaas no peto da túa chaqueta!
porque chegará un día enferruxado
no que desexarás…
Recoller palabras de auga
entre luces amarelas.
Entón buscarás o tempo detido
sobre a súa saia rabela.
E xa...
Non estará a bicicleta….
Nin tampouco estará ela...
Nin tampouco estará ela...
E as augas do río
xa non serán espellos desta tarde violeta…
(Animación á escritura) (Foto propia: Río Lys en Gante)
!Precioso Conchiña !
ResponderEliminar! Cantas tardes deberán pedalear eses rapaces "tecendo sílabas de pedras "! Eu espero que sempre haxa un poema como o teu con unha " bicicleta " para envolvelos " nun pano verde ".
Que bonito " o tempo sentado na bicicleta"
ResponderEliminarEstouche mellorando a nota polo esforzo.
Grazas Ana polas túas palabras.
ResponderEliminarQuen puidera envolver as cousas intanxibles nun pano verde...!!!
Grazas tamén a ti, Xema, por mellorarme a nota. Creo que aínda que non sexa pola calidade , teño merecido ese PA por escribir en estado de "gravitación vertixinosa"
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarQué agradable o tranquilo paseo na bici do tempo, e non no vertiginoso tren de Port Aventura. Os aires frescos da xuventude retidos na atemporal bici, o frescor do río, sempre diferente, pero sempre vivo...como nos, vivas, hasta que a morte nos separe da corrente.
ResponderEliminarE que eu son unha "chica" moito máis tranquila que outras que eu coñezo...
ResponderEliminarNon estás demasiado fiósófica para ser un sábado pola tarde...? Digoo pola parte final do comentario... (A miña filososfía son os puntos suspensivos...)