que foi das illas dos soños
nos mares do alén
onde están agora
as palabras sonámbulas
do río de lava
que percorría o peito
cando ensartou a mudez
voces malgastadas
no fío do silencio
como se apagaron as estrelas
que sinalaban a liña do horizonte
porque derrubaron as columnas de luz
que sostiñan o futuro?
Ana López.
Fermoso poema cheo de añoranza polas cousas perdidas... E abofe que nos estan roubando ata os soños.
ResponderEliminar