"...cando todo se extingue entre nostalxia e fábula
e cando somos carne esquecida na néboa,
como espectro vulgar que se extraña a se mesmo
ou espello de imaxes deformadas e ausentes,
a experiencia volátil de existir nun horario
sen tocar terra nunca, sen entrar no misterio,
só vivindo na páxina dun deserto sonámbulo,
sen saber o camiño,
finalmente na sorte
de non ser
ou ser algo..."
Miguel Anxo Fernán Vello
En verdade que e un fermosisimo libro. A poesia de Miguel Anxo F, Vello sempre conecta co meu sentemento. Vou xa relendo este ultimo libro e sinto que peta forte dentro de min.
ResponderEliminarSempre atopei en M. Anxo como algo de misticismo moi da cerna.
ResponderEliminar