Xa vira aquela película moitas veces diante do espello; o mesmo plano curto e esa luz inda branca que iría trocando de tonalidade ó longo do día do branco o negro.
Mentras remataba de peitearse e de pintarse os beizos da cor da cereixa soaba na radio que sempre a acompañaba unha antiga canción que a transportaba a nenez :"que será, será" daquela gustáballe a loira ñoña que a cantaba.
Non pensaba ler o guión, sabía de memoria o seguinte ; un plano americano. Axustou o vestido ao peito e palpou as cadeiras, sabia por experiencia que a cámara sempre se detiña alí.
Pero non foi suficiente, non podía ver aqueles marabillosos zapatos de tacón que lle custaran o que non tiña.
Púxose de pé e empezou o traveling; volta para un lado, para o outro, diante, detrás, de canto, de fronte...O resultado era máis que correcto para a entrevista que a esperaba.
A película podería ser unha comedia ou convertirse nun drama nas máns do entrevistador, eran os donos dos cartos, " os productores" e ademáis dirixían.
Antes de entrar os nervios poideron con ela. Tentou verse cun obxetivo angular para darse confianza.Rexeitou o teleobxetivo sabía que a aplastaría.
Tampouco utilizaría a súa voz,botaría mán da dobre, tiña unha voz máis doce e dócil.
Cando se sentou ante el soubo que estaba perdida. A música soaba moi lonxe e dende onde estaba só era posible un primeiro plano: sentiu o ollo da cámara recrearse no seu medo.
A resposta non tardou en chegar, buscaban unha estrela e ela non chegaba nin a extra.
Nada puido facer para cambiar o final.
Plano xeral.
Mañá comezaría outra vez a película.
Ana López.
Un conto feito metafora ou unha habil metafora para retratar unha situacion moi habitual nos nosos dias,
ResponderEliminarÉ un luxo contar con lectoras coma ti.
ResponderEliminarTodos somos unha película repetida.
É un miniconto enigma que me parece moi bo.
ResponderEliminar