miércoles, 23 de octubre de 2013

Tarde de outono

Pouco queda do día
deíxome caer espida
no leito de follas
deste outono.

Pouco queda de min
entro e saio do tempo
vou e veño no ar


Demorada na choiva
desta melancólica tarde
de setembro

inda sinto no corazón
a inexorable paixón
de vivir.


Ana López.


Foto:Fernando Barbeyto.

2 comentarios:

  1. parabéns parella de artistas

    ResponderEliminar
  2. Tamén os meus parabén para volos dous. Fermosa foto e fermoso poema co que me sinto bastante identificada.

    ResponderEliminar