sábado, 12 de octubre de 2013

Aos meus fillos

O meu amor
non é tinta seca nun papel

non entra nos versos dun poema
nin se enreda na usura das palabras

non quere cousa ningunha
nin agarda por ninguén

vai máis alá do tempo
non limita con nada.

O meu amor
é unha eterna melodía
no centro das entrañas.


Ana López.

3 comentarios:

  1. O amor aos fillos e unico, non se pode comparar con nada. Expresalo moi ben nos teus versos.

    ResponderEliminar
  2. Que bonito poema ¡¡¡¡¡¡

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar