miércoles, 9 de octubre de 2013

Manuel Álvarez Torneiro: Premio Naciónal de Poesía 2013

Hoxe estamos ledos,un gran poeta galego; Manuel Álvarez Torneiro recibiu o Premio Naciónal de Poesía pola súa obra "Os ángulos da brasa" escrita en lingua galega, a primeira vez que se concede este premio a unha obra poética en galego.
Noraboa ao poeta e a todos os que amamos esta lingua que o autor "amaba tan intensamente que non se esquece xamáis" según as súas palabras.
Premio a unha poesía feita dende o rigor e a disciplina.


NESTE MOMENTO EXISTO SIMPLEMENTE

Neste momento existo simplemente.
Simplemente respiro, ollo a árbore.
Sobrenado na calma do crepúsculo
pronuncio este silencio, oio o profundo
corazón que late por un intre.

............................................................
...........................................................
........................................................
...............................................................

Florezo no abandono
Case non sei de min si pecho os ollos.


                                       Manuel Álvarez Torneiro.

1 comentario:

  1. Bueno Ana, debemos estar sincronizadas en por o de Torneiro porque cando eu comecei non había nada posto teu, menos mal quenon nos repetimos ...

    ResponderEliminar