sábado, 5 de octubre de 2013

O SERODIO VERÁN DISCÚTELLE, DESCARADO, O TRONO AO OUTONO

San Froilán 2013Precioso cartel de S. Froilán.
Os que tivemos algo que ver con Lugo nunca podemos esquecer este día:
Como mozos estudiantes, como parellas namoradas , ademáis se unha está de cumpre, ademáis se unha recibiu por sorpresa un primeiro bico abrasador que aínda non se apagou ...... Ademais se unha
foi en familia cos seus nenos á romaría.... Mercáranme aquel ano una violeta africana que sempre me encantaron e ben cediño para outro día, cando aínda non daba aberto os ollos, se me presentou na cama o meu neno que tería tres aniños, coa presa de flores que lle ripara á violeta, dicíndome inocente e radiante: Para ti mamá.
gema. 05-10-2013

1 comentario:

  1. Fermosas lembranzas Gemiña e preciosoo agasallo do teu neno, ainda que producira tremendo destrozo....

    Sabes,,,? Tamen a min, me traen moitos recordos o S. Froilan, os ultimos, por certo, cinguidos a alguen a quen amei. Dende enton estas festas perderon para min o seu engado...

    ResponderEliminar