resucitou
no abrazo
cando os pasos
caían polo sumideiro
do asfalto
emborcados nun tempo
impronunciable
coa desmesura da loba ferida
pola dor que non sucumbe
encadeando ouveos
nunha luz sen retorno
traendo e levando
eternidade
a noite é para espertar
Ana López.
Ti sempre tan pendente de todo. Os teus poemas poderian constituir unha cronica sociall. Es incrible...
ResponderEliminar