miércoles, 2 de octubre de 2013



FOLLA DE OUTONO


Bila comigo
esta danza dourada do estío
agora que estás ceiba.
Baila comigo                                                  
nas esquinas amarelasonde nacerán as margaridas.
Baila comigo
entre o arrecendo
das mazás maduras.
Acaríciame a modiño
con ás de bolboreta
para deixarme na pel
o po dourado do tempo.
Abrazadas nesta danza ritual
caeremos no corazón da terra
para renacer
na primavera ......¡¡

gema, 02-10-13


3 comentarios:

  1. Boa fslla nos fara bailar e bailar,,,, neste outono que comeza gris ...Boa falla nos fara poñernonos as as de bolboretas que nos eleven do chan se queremos renacer na primavera.... E ti sabes a que me refiro...

    Gustanme os poemas de outono e, sobre todo, gustame o teu poema de outono.

    ResponderEliminar
  2. ¿E si e unha primavera como a de este ano? ¿as margaridas sairán? Bo, sempre nos quedará París...ou Arteixo. O caso e seguir dándolle a o zoco. Ou esperar esas as que tantas veces resístense en sair, e hai que ter coidado que no queden en puros apéndices.

    ResponderEliminar
  3. !Que ben vos está a sentar o outono!
    É precioso o poema Gema, noraboa.
    !Que medren as margaridas no patio!

    ResponderEliminar