domingo, 8 de abril de 2012

LORAINÉS


Son Inés, a lora de Gema. Bueno, son unha guacamaya azul, ela dime galiña azul, seica recorda algo bonito da literatura. Eu diso non entendo.
Xa viñen ao patio outra vez pero non me atopei cómoda porque había moito balbordo, a min os ruídos estridentes moléstanme. Prefiro os ruidiños da auga e o vento....
Como seica hai vacacións,algo de santos,  son un ave e non entendo que è iso, veño hoxe porque a min parolar gústame moito aínda que tamén teño as miñas horas. Para falar, falar, prefiro non comezar antes das doce e despois de durmir a sesta tamén é bo momento.
Claro, sobre o mediodía comeza o movemento na cociña e iso motívame moito porque a parte de estar acompañada entre parrafeos vou probando un anaquiño de todo. Encántame o allo, a cebola, o tomate pero o que máis, máis, a tortilla, brrrr... iso é unha burrada.
Cando me dan un bo anaco, despois de comela toda, báixome e doulle papadiños á cadela coma se fora un pito meu. Non sei por que lles extrana tanto que comparta do meu papo coa Lela. Teñen unhas ideas un pouco raras......
Aínda que en verdade, eu deles non me podo queixar, vivo libre, moi mimada e con todas as comodidades.
Inés,07-04-12


No hay comentarios:

Publicar un comentario