Vou pintar no ceo unha grande pompa de xabón de mandarina, onde me pechar cos meus amores,
as orquídeas, os libros, a música e o meu can
. Imaxe Google
Non quero pertencer máis ao terrorífico mundo do capital, da hipocresía, das relixións e do medo co que alguén quere segar de raíz,as raíces da esperanza ...
gema, 28-04-12
Imaxe Google
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarQueiras ou non , querida amiga, estamos mergullados neste mundo de transacións fraudulentas e miserias provocadas pola ambición e a ineptitude dos que se cren os amos porque un día alguén decidiu que eran os mellores para trazar a liña do noso porvir...Pero ,por fortuna, aínda nos queda ese olor a mandarina que envolve a esperanza (para min a esperanza, ao igual que a infancia, recende a mandarina) e deixa que siga latexando en nós coma un corazón adolescente...
ResponderEliminar