lunes, 2 de abril de 2012

FRAGAS DO EUME


CURIOSAMENTE, O DÍA INTERNACIONAL DA TERRA, NON SEI SE POR CASUALIDADE OU CAUSALIDADE, COMEZARON AS LAPAS VERMELLAS NAS VERDES
FRAGAS DO EUME.


No bico do Xistral
pousou deus a líquida man antes do tempo.
Os poros das rochas manaron auga,
tres veas abertas a diferentes ventos:
Eume, Sor, Landro.
Os dedos da nai acariciaron o frío ventre
que cuspiu fértil semente,
enorme animal verde, Fraga do Eume.
Eume, convertido en Lume.
Choro no orballo dos amenceres
polos gorrións sen niño,
polas lontras sen troitas.
Sepulto a man no ventre abrasado da terra ardida
estéril coma Sara,
longo tempo,
ata que o sol esperte novas sementes.
Gema, 02-04-12
   
Imaxes Wikipedia

1 comentario:

  1. Por fin podo poñer comentarios!!!!!!

    Precioso poema!!!!!
    Tes unha especial sensibilidade para versificar o que ocorre ao teu redor. Tes o don da oportunidade e a palabra ben disposta para manifestar a túa únión co mundo exterior, a túa preocupación ou a túa crítica. Parabéns!!!!

    ResponderEliminar