lunes, 9 de abril de 2012

LUNS DE PASCUA


Xa avisaran que Galicia ía ter o mellor tempo na Semana Santa e a verdade que foi certo. Por aí adiante cairon chuzos de punta e tiveron problemas cos santos.

Pois o luns de Pascua a mañá está preciosa. O mar calmo coma un manto de seda, o ceo luminoso e azul coma se estivera de estreo, sin vento...

Aínda pasean á raxeira polo paseo marítimo os últimos visitantes da Meseta que pola tarde retornarán á súa vasta aridez cos ollos cheos de mar e o sal na cara.

No medio andaba eu arredor da Torre, deixando voar a mente máis aló do horizonte, cando unha voz de neno me trouxo de volta:

Mama, mama, bájame de aquí que ya no quiero estar más en el cielo”.

Rin, e logo quedeime pensando.
gema, 09-04-12

No hay comentarios:

Publicar un comentario