lunes, 30 de abril de 2012

CAMBIAN AS MIRADAS?


Esperto cun desacougo máis profundo que co me deitei onte ao remate de ver a película
El club de los poetas muertos”.
Sabiamente a memoria borra aquilo que non quere lembrar, puidera ser o truco polo que en min esta película non causara tal zozobra noutras ocasións, quizaves a idade, quizaves o momento......
Pegado ao padal teño o sabor amargo dunha experiencia que puidera ser como unha primavera e remata nun tremendo fracaso existencial:
Para que aquel profesor esperta nos alumnos a sede de divinidade se só poden ser vasalos?
Ou é que a película quere demostrar dramáticamente que a utopía “ non ten lugar no mundo” como afirma algunha definición?
Conségueo. Eu, pobre utópica, quedo cun nó no estómago, agardando a que alguén me dea unha visión que dilúa este borrón que onte me choveu no pensamento.
gema, 30-04-12


Google: Eduardo galeano

2 comentarios:

  1. Sigue sendo utópica. A utopía é o único acubillo que nos queda cando a realidade se tinxe de gris. É "ese olor a mandarina que envolve a esperanza e deixa que siga latindo coma un corazón adolescente." A que nos pon "po dourado nas ás" e fai que a liberdade non sexa un soño imposible...

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar