martes, 24 de abril de 2012

ANGELA: PARABÉNS

 Imaxe Google

PARABÉNS PARA ÁNGELA porque onte entregáronlle o premio da Deputación convocado co gallo da celebración  do Día do Libro. O relato CARTA DE AMOR TARDÍO  conmoveu ao xurado pola súa calidade e calidez.
Ángela, que cacarexa coma unha galiña asustada, subida a unha noria, non se lle move un pelo á hora de gañar premios literarios alí onde se presente. Sempre caladiña, discreta, menos nas norias.
É un luxo para este PATIO contar con xente así
Para min como conserxe, autonomeada, do lugar, exercer de voyeur satisfáceme tanto coma se o éxito fora propio.
CALUROSAS APERTAS.






2 comentarios:

  1. Parabéns Ánxela!!!!! Alégrome moitísimo por ese merecido premio e ti sábelo.
    Gustaríame ter estado onte contigo e compartir a túa alegría... Pero as cousas deben ser coma un quere que sexan e ti preferiches non dicir nada... Así que unha aperta dende aquí, forte, moi forte.

    ResponderEliminar
  2. Gracias mil por vuestro apoyo.
    Angela

    ResponderEliminar