viernes, 8 de febrero de 2013

ANIMACIÓN Á LECTURA



                                                   O RETRATO

Nada máis ver a foto, recoñeceuse. O que non lembraba era en que momento lla fixeran, quizaves fora o que se di unha foto roubada, claro. Ela estaba escribindo entretida e non se enterara. Mirouna moito tempo, observando o vestido que lle pareceu tan bonito, vaporoso, de tea estampada nas súas cores preferidas. A atención coa que escribía, coas mans tan grandes e osudas,  xa daquela. Que estaría a escribir ???

Arrincouna das cavilacións a voz grave da Tata que chegaba desde o fondal das escaleiras:
- Maira, agardámoste para cear.
Xa case non se vía nada fóra, quedaba a luz alaranxada dun solpor de verán. O día fora longo e intenso. Chegara aquela mesma mañá despois de oito horas de vo.

 No tanatorio atopouse co seu pai, sereno, a Tata, algúns primos que xa non recoñecía, tíos e toda a xente que acompaña neses casos. Falou con todos de todo, ou case de todo, o que acontecera desde que non se viran.
A avoa Sagrario, pobre, era tan maior que aínda que tivera unha boa vellez, sabíase que ese momento tiña que chegar e ata fora bonito o funeral.
Ela, a avoa, e máis adiante a Tata , foran as mulleres que arrouparan  a súa nenez desde que morrera a mamá. As que poñían a punto a roupa, a comida,  acompañábana ao cole,  consolárona dos seus primeiros desamores ..... Todo.  A Tata ata fora pasar unha temporada a un hotel da cidade para ver como se adaptaba nos primeiros pasos pola  universidade.
Despois de facer o doutorado, antes de marchar, a avoa Sagrario entregoulle unha chave cando xa estaban no aeroporto:
-        Toma, esta é a chave dun baúl que teño no faio. Poderás abrilo só cando eu non estea.

 -Maira ¡¡¡  A nova chamada sorprendeuna aínda alí. Colleu o retrato e baixou. Estábana agardando.  Tiñan cara de cansos, claro.
-        Perdoade, é que levo tanto tempo sen estar na casa que non controlo .

Cearon mentres se contaron cousas das respectivas vidas pero como ela pedira os días por sepelio dun familiar próximo e o pai xa se xubilara, terían tempo de falar máis descansados.
De todas formas antes de retirarse mostroulles o retrato:
-        Mirade o que atopei, nunca o vira, non lembro de cando será. Supoño que despois de
morrer  mamá  porque lembrei  que me sentaba no xardín e escribíalle cartas...  Estaba ben linda pero, mirade, parézome máis a Tata que a mamá. Será que todo se pega... – rindo mentres lles daba un bico a cada un.
Estaba a piques de adormecer cando seu pai petou na porta e entrou.
-        Maira, incomodaríate moito se paso un momento falar contigo?
-        Só faltaría.

Enrique sentou na cama, colleulle unha man, mirándoa fixamente dun xeito especial.
-        Maira, teño que contarche unha historia antes de deitarme, a verdade da túa vida e a nosa. Mamá fíxomo prometer antes de faltar.
- Non sei de onde sacaches o retrato, eu non o coñecía pero coñezo a historia que non está no retrato:
Despois de pasar tres anos casados mamá e máis eu, desexando ter fillos, soubemos que non podería ser.
Como ti ben sabes, eu traballei na clínica, e sempre che da máis posibilidades de informarte das cousas polo dereito. Os compañeiros, coma en todos os traballos, tamén sabía que nós desexabamos más ca nada ser pais.

Unha mañá entrou inopinadamente no meu despacho unha monxa.  Noteina como algo nerviosa. Deume os bos días e sen máis, díxome sen respirar  que aquela noite ingresara no hospital para dar a luz, unha moza moi noviña, soa. Tamén me propuxo a bocaxarro que se eu facía un donativo xeneroso para a súa comunididade , aquel bebé podería ser para min. Ela sabía moi ben canto ansiabamos ser pais. Xustificouse dicindo que co meu donativo faríase unha boa obra, por outro lado, aquela criaturiña do paritorio arruinaría a súa vida  para criar un fillo que seguramente non quería e malvivirían .........
Convenceume doado e así foi como eu cheguei contigo á casa coma quen trae un corazón palpitante  nas palmas das mans, e outro estoupando no peito.
Mamá non sabia nada, aquilo foi coma unha cicloxénese explosiva. Sorpresa, vacilación, emocións incontroladas, bágoas............
Tardamos pouco en saber como se pode querer a un fillo e con iso foi aparecendo tamén como unha sombra, ao comezo non compartida, pero logo foise facendo tan longa que xa nos perseguía con insistencia. Unha noite mamá daba moitas voltas e eu non durmía, en silencio, ata que me dixo que non o soportaba máis. Eu confeseille que tampouco.
Eras una nena encantadora, guapa, riseira, cariñosa. Xogabamos sempre, gateabamos, corriamos e riamos ata agotarnos.  Ti feliz, nós felices pero coma cun gran chanzo  derriba. O que nós estabamos a disfrutar contigo,  estabamos a roubarllo a túa nai de verdade, privándoa de oirche dicir o primeiro mamá e verche dar o primeiro paso ......
Terías tres anos cando tomamos a decisión rotunda: entrei nos arquivos rastreando o teu nacemento e as señas dunha nai que unha vez tivera un bebé mortiño.
Levounos un tempo conseguilo porque para nós a discreción era importante  e por outra parte a xente dá moitas voltas na vida e máis  unha rapaza tan nova coma Tata,  sen futuro. Pero ao fin atopamola .
Os moitos detalles que salte xa teremos tempo de irchos contando  pouco a pouco.
O caso é que despois de enterada polo miudo de todo, Tata veuse connosco para axudar a criarte e disfrutar do que era seu.
Fíxoo tan ben como ti sabes e agora tamén sabes por que te pareces a ela.
Cando ti te fuches  xa non había motivos para que Tata permanecer aquí.  Pero para daquela  o tempo, a súa bondade e por que non, a súa fermosura, xa me aniñaran no corazón...
-        Quédanos moito que falar pero hoxe ti durmirás doutra maneira e eu tamén.

Deulle un bico e desapareceu sen  tempo para  saír do  abraio.
Maira non durmiu nin dunha maneira nin doutra .... O sono non quixo durmir.
gema, 08-02-13

 


Fronte ó muro

Fronte ó muro,
as ratas roen as follas do destino
no aire putrefacto
baixo a lama purulenta das palabras
neste tempo con sede anticipada.

O vento afoga as pregarias
da procesión do desgarro,
e as formigan caen por exceso de carga.

Ana López.

jueves, 7 de febrero de 2013

! QUE COUSAS!

Oido esta mañá a unha política do partido do goberno:
"El objetivo es educar en igualdad a hombres y mujeres..."
¿É por eso que promociónan a educación por separación de sexos? Pois non parece que vaian por bo camiño.

Ana López.

martes, 5 de febrero de 2013

SPAIN IS DIFERENT




TODA A HORDA POLÍTICA DE ESPAÑA

MULLERES

Daquelas que cantan as pombas i as frores
todos din que teñen alma de muller.
pois eu que n'as canto Virxe da Paloma
!ai! de que a terei ?
                                 Rosalía de Castro.



Hai quen anda á procura da Muller
case sempre un poeta namorado,
pero os homes e a mulleres singulares
non están nos spots publicitarios.

As mulleres somos tí, eu e máis aquela,
raiñas, princesas, fadas, cincentas,
carapuchiñas vermellas, brancaneves,madrastras
e tamén meigas  anubrando o espazo.

A muller non se arrola con boleros,
nin vai ao carrelo de versos primorosos,
non oculta a identidade trala máscara,
nin disfraza a realidade coas palabras.

A muller reencárnase no aire,no mar , na terra,
no estalido da luz, na sombra negra.

Desta longa historia das afrentas
é perigoso saír polos atallos.

Ana López.

domingo, 3 de febrero de 2013

Animación á escritura

                                         A FOTO


 O caseiro ten présa por meter os fociños nesta casa, quere alugala pronto. Para min é un problema pero dime que a vida non está para sutilezas.
Nunca se me deu ben o de pechar a porta, sempre vou ao carrelo de pantasmas.
Estaba a meter nunha bolsa que mercara nos chinos xunto có meu luxoso "fondo de armario" os taconazos daquela noite...,os libros, as figuriñas dos andeis, os CDs, a crema de cara do super, outras cousas do aseo persoal , a axenda de traballo coas páxinas en branco testemuña do ano de fracaso, cando caeu a foto ao chan.
Por algunha razón non me desfixera dela e levabaa sempre conmigo. A min non me gustan as fotos, é como volver a pasar polo corazón o pasado e iso algunhas veces faiche dano.
Lembro moi ben cando ma  fixera miña nai; foi despois de rifar conmigo na praia por non dar feito en todo o verán a tarefa que me puxera dona Olivia, tan orixinal como todos os anos: unha redacción sobre as vacacións. Pero eu sabia que non pagaba a pena esforzarse, puxese o que puxese a millor sería a de Aurorita , a chivata oficial da clase e afillada da profe.
Daquela non sabia o que era o nepotismo.
Na foto estou sentada na area có caderno no colo, as miñas mans  sosteñan o lapis cunha forza que non se corresponde coa fraxilidade dunha nena e o xesto da cariña mostra o momento; unha mestura de decisión e contrariedade.Pero sobor de todo hai un detalle que sempre me chamou a atención: non teño abotoado o vestido, non lembro porqué.Máis o instinto dime que aí está a metáfora da miña vida:
 un vestido sen abotoar,
e un caderno por encetar.

Ana López.

sábado, 2 de febrero de 2013

VIVIR PARA OIR



Enemigos íntimos*

Conocida fue la relación amorosa que hubo entre Emilia Pardo Bazán y Benito Pérez Galdós, pero también de dominio público la enemistad que llegaron a profesarse ambos.
En cierta ocasión, siendo ya mayores se encontraron accidentalmente en unas escaleras. Él subía jadeante y ella empezó a bajarla.
Mientras se cruzaban ella le espetó:
-Adiós, viejo chocho.
Pero tal y como lo soltó se dio cuenta que le había puesto en bandeja una magistral contestación a una de las mentes más brillantes de la literatura.
Pardo Bazán aceleró el pasó escaleras abajo, pero le dio tiempo a escuchar la réplica de su viejo e íntimo enemigo:
-Adiós, chocho viejo

viernes, 1 de febrero de 2013

NAMASTÉ


Photobucket

Lecturas

Mientras tanto, una ya inflamada prosperidad, llevada por su desaforado impulso, seguia en ascenso de especulaciones y despilfarros, sin que los favorecidos y aupados hiciesen caso de los sombríos vaticinios de ciertos economistas-puritanos aguafiestas cuyas voces de sibilas calculadoras desentonaban en el confiado coro de quienes cantaban los gozos de una ficción cada día renovada. porque en ficción se vivía. Sin percatarse de ello, las gentes integraban en una enorme feria de birlibirloque, en donde todo era trastrueque de valores, inversión de nociones, mutación de apariencias, desvio de caminos, disfraz y metamorfosis- espejismo perpetuo, transformaciónes sorpresivas, cosas puestas patas arriba, por vertiginosa operación de un Dinero que cambiaba de cara, peso y valor, de la noche a la mañana, sin salir del bolsillo- valga decir: de la caja de caudales- de su dueño.

                                                                              Alejo Carpentier.(El recurso del método)

!QUE VERGOÑA!

Vaille costar ó día desaferrollar a noite,
a nós dixerir esta vergoña
e este noxo abafante.

Ana López.

jueves, 31 de enero de 2013


BALADA DOS TRES CORAZÓNS

A choiva marcaba os compases,
os paxaros cantaban as notas de cristal
escritas na branca partitura da mañá
para tres corazóns e sete guitarras.

Os pasos camiñaban polo medo
levaban o son grave da pena
e o agudo asubio da desesperación
para tres corazóns e sete guitarras.

Tiñan na pel o sinal da derrota
o aceiro da vida cravado no peito
os ollos escribian a letra da loucura
para tres corazóns e sete guitarras.

Querian facer da realidade unha balada
que beliscase as cordas do destino,
pero as mans non afinaron ben as notas
para tres corazóns e sete guitarras.

Son persoas que nega a economía,
corre a policia, e dalle as costas a xustiza,
que só respetan aos que rouban melodías
para tres corazóns e sete guitarras.

As sereas romperon o silencio
e na pausa irrumpeu a conciencia
no último movemento berraron !perdón!
para tres corazóns e sete guitarras.

Os soños despedironse
cun portazo camiño da cadea.
Non estaran vencidos se os beizos gardan o canto
e o corazón un acorde de guitarra.

Ana López.

Animación á escritura


 
(Obra de Ánxela Fernández)
                                                                                                    

miércoles, 30 de enero de 2013

30 - 01 -2013

DIA DA PAZ

Tal día como hoxe algunhas tentabamos nos colexios levar a ilusión da paz aos nosos nenos/as.
envoltas en cancións na memoria de todos.
Despois viñeron moitas derrotas e derribáronse dereitos sagrados e memo a Vida, máis de seguro que seguirán nas trincheiras compañeiros/as que levarán a mensaxe de que "o home pode ser outra cousa".
Unha agarimosa lembranza a esos/as  ensinantes.
Estos versos son do "Vietnan canto"e inda desgraciadamente son necesarios.
Ana López.

non
eu sei que cantar non é igoal
perdón tamén con este tempo coas palabras
anque sinceiras tein tarde polos lados
e puntos suspensivos calcados no refrixerador dun cañón.
..............................
.............................
o canto parou sen rematar.


Uxio Novoneyra
O COUREL/18 marzal 1968.


google

ANIMACIÓN Á ESCRITURA



                                           PRÉSTAME LAS BRAGAS


Sentado en uno de los bancos del patio, Julián, con los ojos aún llorosos, se entretenía contando las ventanas de su colegio. Y no le salían las cuentas. Unas veces contaba treinta y cinco y otras treinta y siete. Cuando estaba a punto de rendirse a su poca habilidad para con los números, apareció Lucía. Apenas se conocían, sólo de vista. Estaban en clases diferentes aunque en el mismo curso. Hola, ¿a ti también te echaron de clase?
Si, por culpa de mi compi que estaba copiando y cuando se acerca el profe me echa la chuleta a mi mesa y, claro, pensó que era mía. Esto no se lo paso tío. Y se supone que es amiga mía, ya ves. ¿Y a ti por qué te echaron?
Julián baja la vista y con el pie juguetea con el envoltorio de un chiche. Cosas que pasan, contesta.
Lucía sonríe. Conoce a Julián. Sabe que es un inadaptado. A menudo presenció las burlas y desprecios de sus compañeros. Siempre solo, o con algún niño más pequeño que camelaba invitándolo a golosinas. La verdad es que era un poco raro. Siempre tan repeinado, y con esos jerséis de colores imposibles. Por no hablar de su manera de andar. Parecía que pisaba huevos. Y sus manos, siempre revoloteando, como si estuviese cazando moscas. Bueno Julián, yo te he contado por que me expulsaron, lo justo es que tú también te sinceres conmigo.
Fue por una tontería. El memo de Jonatan me insultó. Y yo le tiré el diccionario a la cabeza.
Lucía vuelve a sonreír. Era más de lo mismo. Nunca se había parado a pensar en Julián pero ahora le daba mucha pena, siempre perseguido, menospreciado, insultado. Sus padres dirían que aquello era “acoso escolar”. Como el caso del niño que se había suicidado. Había salido en el telediario y todo. Y una ternura, como la que sentía hacia el vagabundo de su barrio, se le desató hasta las lágrimas. No llores, no es para tanto, estoy acostumbrado.
Si puedo hacer algo por ti, dímelo. Me gustaría ser tu amiga. De verdad.
Bueno, es difícil. Verás. Hay una cosa que me gustaría, pero no me atrevo a pedírtela, para mí sería como la prueba de fuego de nuestra amistad.
Pídeme lo que sea, Julián. Te acabo de decir que quiero ser tu amiga.
Bueno, vale. Pero cierra los ojos, así me dará menos vergüenza.

Lucía cerró los ojos. Sintió la respiración cálida y con olor a regaliz de Julián acercarse a ella. Por fin un niño iba a besarla.
Préstame las bragas, le susurró al oído.
Lucía abrió los ojos al tiempo que su mano derecha se lanzaba con dinamita hacia la mejilla de Julián, que quedó más roja de vergüenza que de dolor.

Degenerado, gritó, ahora entiendo por qué te rechaza todo el mundo. No vuelvas a dirigirte a mí, cerdo, más que cerdo.
Así que Julián siguió reprimiendo sus gustos más ocultos. Esos que provocaban en sus compañeros insultos y vejaciones. Esos que provocaban en sus padres vergüenza y castigos. Esos que hacían que tuviese que esperar a la cómplice noche para realizar: vestirse con la ropa de su hermana.
Angela Fernández.

martes, 29 de enero de 2013

" Facil è soñar todas as noites.
Dificil é ter un soño e loitar por el..."


Google
 

lunes, 28 de enero de 2013


Google

TORRE DE HÉRCULES

Son amiga do mar.
Vémonos tódolos días e falámonos coa mirada. Sei que pasou unha boa noite cando as ondas chegan dende o colo da lúa ate as mans do sol.
Ás veces as ondas nacen no ventre da noite e agostan as praias.
Hoxe o bruído do vento leva o pranto das ánimas, buscan acougo nas follas engurradas dun tempo anegado.
Son palabras que o vento rexeita e non encontran pousada. Palabras que non "leva o vento" e percorren as ribeiras como a Santa Compaña; son esas palabras que se agochan nos xuncos e  saen pola noite a buscar ó que as deixou abandoadas.

O mar asolagou o sol da tarde
e as ondas levaron ás rochas
as palabras que o vento rexeitaba;
areas dunha praia que percorre a inquedanza.


Ana López.

domingo, 27 de enero de 2013

BOA NOITE

Barra libre

 


Es duro gobernar. Existe demasiada competencia, a nivel mundial. Este país se esfuerza. Sus mandatarios. Recortes, corrupción, prepotencia, injusticia: se reparte el despropósito a manos llenas, pero justo cuando se vislumbran los resultados, cuando se empieza a ver que a los españoles ya no nos reconoce ni el padre que nos inseminó, sale un ministro de Finanzas japonés y tanta entrega, tanto trabajo realizado, tanto sudor, quedan reducidos a nada. El nipón, brillante, fue directo al meollo del asunto: moríos, viejos, nos salís demasiado caros. El que más, supongo, el emperador, con sus 79 varas de almendro. A ver si casca el primero.
Ante una idea tan perfecta, ante una solución final tan rotunda, lo de este Gobierno parece un surtido de mariconadas perpetrado por un grupo de nenazas pusilánimes.
No lo son. No seamos injustos. El suyo es un gran plan: favorecerse ellos y los suyos y hundir en la miseria a todos los demás. Llevadas a término con minuciosidad, tenacidad y rigor, las reformas para atrás perpetradas por nuestros gobernantes acabarán dando el mismo fruto que un gaseado rápido. Cientos de miles de personas fenecerán, con el mínimo gasto público. Será menos glamuroso que un harakiri masivo, pero, bueno, nosotros estamos aquí para hacer lo que hay que hacer y si había que hacerlo lo hemos hecho, y con ello nos basta.
Por otra parte, la marca España ya está siendo muy bien defendida por los conductores al revés que son indultados, los conductores sobre ruedas que giran por los aeropuertos vacíos y, sobre todo, por los conductores imputados por delitos que podrán volver a conducir bancos.
Si alguien dice que no nos mostramos a la altura de los tiempos, es por envidia. Siempre nos miraron mal por haber inventado la fiesta de los toros y la vidente de El Escorial.

Artigo publicado por Maruja Torres no País                                         (Imaxe de internet)

VEN A CONTO

EL MONJE QUE VENDIÓ SU FERRARI

...siempre es bueno tomarse un descanso si al ver que lo que antes me causaba alegria y satisfaccion ya no lo hace pues entonces significa que ya no es para mi o que ya no te llena necesitas tomar un tiempo para saber si te sigue causando el mismo placer ....

viernes, 25 de enero de 2013

Recortes reais



Viñeta de Alfons López, do xornal dixital Público  (Boísima!!!!)


 Naquela conversa, maís ben  "diálogo para  ollomoles" ( ou  era unha entrevista...?) que tivo Xesús Hermida coa "súa maxestade", este dixo: "Aún nos falta conseguir una España más igualitaria" ... 
O seu é humor negro...Ou son, directamente , babecadas...?

NON DÁ CRETO ÁS NOVAS QUE LEU

BONSAI

Un ministro do Xapón dixo:"hai que darse présa en morrer, non hai cartos para vivir"
Recortou as raíces e as pólas do corazón e agora ten un corazón atrofiado que non medra nin sinte: un corazón bonsai.



Corazón bonsai                                                                        Palabras duras
das árbores caídas                                                                   altos muros de pedra
esgaza pólas.                                                                            fenda profunda.




A miseria                                                                                Os golpes secos
arrastra as pisadas                                                                 do corazón da sombra
do cru inverno.                                                                       petan na porta.




O sentimento                                                                         O pensamento
ao fío do salouco                                                                   do home soberbio
bagoa de xeo.                                                                        voraz voitre.


Ana López.

miércoles, 23 de enero de 2013

ANIMACIÓN Á ESCRITURA

                                                              





                                             PRÉSTOCHE AS BRAGAS



Aquel inverno fora moi frío, caira a nevada meirande que recordo.
Antes de te erguer xa sabías que nevara pola luz leitosa que entraba e polo silenzo. Era un silenzo coma se todo o tapizaran de algodón que comía os sons. Nada se oía nin se movía. As árbores semellaba pantasmas brancas inmóviles. Só a neve de alfombra e as folerpas que cían tan mestas coma un enorme enxame de bolboretas brancas.

Gustabame ir á escola pero non quitaba que aqueles días de neve non disfrutara. Cando abría unha raiola xuntabamonos todos os nenos para montar batallas “nevales” das que quedabamos todos derrotados, cansos, colorados  e as mans queimando de frío.
Logo nos recuperabamos e comenzabamos o rito de construir o boneco, ben grande.
Cada un podía aportarlle a singularidade que quixera. Había algúns cativos que  sempre se empeñaban en plantarlle unha “pilindra” ben ostentosa. Aí as cativas dabamos en berrar escandalizadas coma galiñas poñedoras e tratabamos de arincarlla pero sempre gañaban eles porque eran máis brutos e descarados.

No medio da trifulca, a miña amiga Puriña caeu de tal xeito que todos lle viron o cuíño colorado coma o dunha mona porque non sei por que nunca levaba bragas. No canto de facer que non vían todos riron escandalosamente mentres ela non sabía onde meterse ou se tapar a cara ou o cu.
Indigneime profundamente por aquela falla de discreción e compañeirismo, arrimeime a ela e díxenlle: “Déixoche as bragas”.
A vida separounos a cada unha polo seu lado pero aínda fai pouco tempo recibín unha carta dela de puño e letra, non unha chamada nin un mail, dicíndome que nunca esquecería aquel “detalle” por moito tempo que vivira. Foi a maior metáfora da amizade, me dicía.

Quedeime a pensar sorprendida e cheguei á conclusión de que Puriña tiña razón, pero á inversa: metáfora a dela por aceptarme o “detalle”.
gema, 23-01-13

PRÉSTOCHE AS BRAGAS( animación á escritura)

                                !Cousas da Gramática!


Miña nai diría que "son cousas do demo" pero miña filla que é unha persoa estudiada díxome que o demo non tiña nada que ver có sucedido que eran cousas da Gramática; polo visto as palabras queren dicir máis dunha cousa.!Estache boa ! agora sei polo que nos entendemos tan mal , unha fala dunha cousa e os demáis entenden outra!
A Gramática non debe saber aquelo de "quen moito abarca..."
Nembargantes non lle repliquei, anda moi alporizada polo do paro. !Tan fachendosos que estabamos o seu pai e máis eu polo listiña que nos saíra e agora iso non vale para nada.! E unha vergoña o que pasa.Inda se o negocio marchara coma antes...
O caso é que non sei que se lle perdeu á Gramática na nosa mercería.Meu home e máis eu abrimos a tenda hai preto de corenta anos nun baixo pequeno pero moi centrico. El era un home viaxado,fora a Francia a ver unha pelicula que sei que lle dera moitas ideas para o negocio...Faloume de poñer a tenda de roupa interior, dicia que as bragas eran algo máis que un pedazo de lenzo con dous furados para meter as pernas e unha goma na cintura.
As nosa bragas e sosténs tiñan moitos encaixes e cintas e as señoras elegantes da cidade eran as nosas principais clientes.
Có tempo a clientela foi cambeando,agora ven moita xente nova e con poucos cartos, ademais non é por desprezar, pero falan alto e sen pudor da súa intimidade, do "contentos" que se van a poñer os seus noivos cando as vexan coas bragas...
Eu fago por non ouvilas, pero o de onte foi demasiado.
Entraron duas mozas ríndose e falando a berros,queixábanse do frio que facía e unha delas dicia que tiña moito frío ao pescozo. A outra rapaza dixo moi oufana e xenerosa:
-Préstoche as bragas.Sacoas agora mesmo e polas.
-!!!Que!!-dixen fóra de min-Non tedes educación, nin decoro, nin hixiene. !fóra de aqui!
Saqueinas a empurróns mentras se rían como tolas, algo máis querian dicir pero non quixen escoitalas.
Como iba a saber que tamén se chaman así esos rodelos que levan ao pescozo?
!Cousas da Gramática!.

Ana López. 

martes, 22 de enero de 2013

DESHABITADOS

Hai días que saben a distancia,
coas cadeiras vacias
onde se sentan as ausencias.

Días deshabitados
onde os rostros se confunden coas horas
e nada dicen as palabras.

Son días á marxe de ti
que van máis alá do esquecemento
e forman remuíños na memoria.

Días que pendes no percheiro
e non sabes se estás na medianoite
o soñando un mencer.

Ana López.

domingo, 20 de enero de 2013

CORRUPCIÓN

Camiña ao raso do inverno
á sombra cega deste tempo
a fera enxendrada no silencio.

A indiferenza aduba as pedradas do poder
cheas de ladróns de tumbas, emperadores,
sabios, reis, políticos e abades.

Levaron impostos ás arcas privadas,
fixeron sobornos, branquearon contratos
e asoballaron a decencia.

A fera malversa a dignidade,
aplasta o xermolo da xustiza,
atranca as horas do porvir
e devora ao home extenuado.

Agóchase nos falsos principios
trala máscara da lexitimidade.

!Este cheiro,
esta fenda nos ósos,
esta náusa!

Ana López.

A VECES, ALGUNHAS VECES



A veces el poeta no sabe si coger la hoja de acero
sacar punta a su lápiz y hacerse un verso
                     o sacarse una vena
                     y hacerse un nudo.

Gloria Fuertes

sábado, 19 de enero de 2013


Traio aqui este artículo de Millas porque xa pensara varias veces sobre o mesmo, dada a miña querencia por filosofías orientales pero a raíz destas violación saídas á luz, algo así como un desacougo me bulía dentro. O meu razonamento é que os seres humanos o que necesitan é crear deuses, sexa como sexa. De Buda fixeron un deus, teñen imaxes cubertas de ouro pero esqueceron a filosofía, que era o fundamental... ADORAR OS MITOS.


19.01.2013 | 01:05
Me sorprendió, en la India, la cantidad de occidentales que habían ido tan lejos en busca de una espiritualidad que, si uno se lo propone, puede hallarla en los aseos públicos de un bar de tapas de su barrio. Pero bueno, allí estaban los hombres y mujeres, casi todos jóvenes, aunque también algunos de mediana edad, buscándose a sí mismos en medio de una miseria que dañaba la vista y de un calor que abrasaba los pulmones. Comí o cené en restaurantes de lujo (es decir, con aire acondicionado) con algunos de estos creyentes que, sin excepción, pretendían venderme algo. En realidad, pretendían venderse a sí mismos su vida, pues se veía a la legua que tenían enormes dudas acerca de lo que estaban haciendo.
-¿De dónde diablos os habéis sacado lo de la espiritualidad de la India? -me atrevía yo a preguntar a veces.
Entonces me miraban como si la respuesta fuera obvia, como si no hubiera más que salir a la calle para darse de bruces con ella. Pero cuando salías a la calle, lo único que veías eran esqueletos andantes, mendigos sin piernas y sin dientes, niños andrajosos dispuestos a seguirte hasta el fin del mundo solicitándote una moneda, aunque si les dabas el bolígrafo del hotel se quedaban asombrados ante aquel portento de tecnología punta.
Yo había ido a trabajar, no a encontrarme a mí mismo, de modo que trataba de no engañarme sobre lo que veía ni sobre lo que leía. Así, descubrí que la India es un país de una crueldad sin límites, una crueldad que se respira minuto a minuto, un país también de una violencia atroz. Viajé a Cachemira, un lugar maravilloso desde el punto de vista del paisaje, pero donde detrás de cada árbol había un policía armado con permiso para matar. En fin, no tengo nada contra ese país, contra ningún país, pero me asombra el mito que se ha creado en torno a él, tanto en lo que se refiere al asunto de la espiritualidad como al de su incorporación a la democracia. Estos días, escuchando y leyendo las noticias acerca de las violaciones y asesinato de esas dos chicas, me he acordado de los pobres tontos occidentales que continúan allí, buscando a Dios. Deberían saber que tales violaciones no son una excepción, son la norma.


CICLOXÉNESE EXPLOSIVA

A cicloxénese explosiva
peta hoxe nos vidros
con dedos de auga
como petan no peto do pobo
as longas mans noxentas
dos coruptos.

viernes, 18 de enero de 2013

REFLEXIÓNS SOBRE A LIBERDADE






".........Son muchos hoy los que claman por libertad, pero cuesta trabajo creer que esas voces entiendan muy bien toda la dimensión del concepto. Se lucha denodadamente por conseguir pequeñas libertades, pero eso es todo. Las libertades por las que muchos luchan hoy, otros las disfrutan desde hace tiempo y no por ello han desaparecido sus miserias y desdichas. ¿O es que la libertad política y sexual o la independencia económica liberan de enfermedades, dudas, angustias y temores? Los hombres nos liberamos de unas esclavitudes y caemos en otras. La verdadera libertad es liberarse de sí mismo. Hasta que el hombre no consiga trascender las limitaciones de su mente no habrá emancipación ni libertad.

Es cierto que hay que reformar y perfeccionar lo externo. No es menos cierto que hay que someter y controlar lo interno. Algunos dicen: "En una sociedad libre y justa siempre reinaría la paz y la felicidad". Tal vez, pero una sociedad nunca será justa mientras no lo sean los hombres que la formen. Y la justicia del hombre no se consigue legislando, sino purificando el corazón. Del mismo modo, una sociedad nunca será libre mientras que los individuos que la componen sean esclavos de su ambición y sus pasiones. Si queremos una sociedad justa, formemos hombres justos. Si queremos una humanidad en paz, hagamos que la paz reine en el corazón de cada hombre. Si queremos un mundo libre, liberémonos de nuestros deseos egoístas y de nuestras pasiones incontroladas. Si queremos reformar la sociedad, reformémonos a nosotros mismos. La sociedad quedará automáticamente reformada...."
La Vida infinita se refleja en las apacibles aguas de la Página de la Vida. El horizonte se expande a quien es consciente, conoce, ama y obra apropiadamente.
GOOGLE

GOOGLE LEMBRANOS QUE ESTÁ DE ANIVERSARIO. Da miña parte en agradecemento por aquel " Margarita, está linda la mar..." que de nena aprendín coma o padrenuestro e tanto me fixo soñar...... Pero un día la princesa...... Lembrades ????

               INVIERNO

En invernales horas, mirad a Carolina.
Medio apelotonada, descansa en el sillón,
envuelta con su abrigo de marta cibelina
y no lejos del fuego que brilla en el salón.

El fino angora blanco junto a ella se reclina,
rozando con su hocico la falda de Aleçón,
no lejos de las jarras de porcelana china
que medio oculta un biombo de seda del Japón.

Con sus sutiles filtros la invade un dulce sueño:
entro, sin hacer ruido: dejo mi abrigo gris;
voy a besar su rostro, rosado y halagüeño

como una rosa roja que fuera flor de lis.
Abre los ojos; mírame con su mirar risueño,
y en tanto cae la nieve del cielo de París.

Rubén Darío

jueves, 17 de enero de 2013

ARTE CONTEMPORÁNEA

A arte contemporánea ten propostas para disimular o pestazo ambiental ......


 Sin título web.jpg

                                                           TELARAÑA

He aquí la versión actual del hombre nuevo, aquel que, de una u otra forma, ha sido siempre el sueño de todas las revoluciones. Se trata de un ser que, adonde quiera que vaya, nunca tiene cobertura y por tanto permanece incontaminado, a salvo de cualquier basura mediática. Después de un esfuerzo heroico ha logrado eludir el humillante destino de llegar a este mundo con la única misión de ser un hombre-antena, un repetidor humano solo apto para recibir y trasmitir llamadas, mensajes, correos electrónicos. Este hombre nuevo se niega de raíz a contribuir a la contaminación del espacio con una cháchara idiota, como un insecto más en la telaraña. Las personas privilegiadas, como esta, son todavía escasas, ya que en ellas se realiza el mito platónico de la invisibilidad, un don de los dioses. Ya no hay playas desiertas ni existen parajes preservados. Todo el planeta ha sido conquistado y sometido a la red social. Es inútil buscar un lugar inaccesible donde refugiarse. La jodida telaraña lo envuelve todo, desde la gélida estratosfera hasta el íntimo sudor del petate y a través de la almohada penetra en el subconsciente desguarnecido de los humanos. Pero el individuo sin cobertura no tiene necesidad de huir, puesto que él es su propio refugio. El mito del hombre invisible, ese sortilegio que llenaba la imaginación de nuestra niñez, que te confería el poder de atravesar las paredes, de estar a la vez en todas y en ninguna parte, equivale a esa invisibilidad platónica que ostenta hoy el hombre sin cobertura. Se acerca el día en que lo más snob será que digan de ti: no ha llegado todavía, ya se ha marchado, no se le espera, no lo llames, nunca contesta, está y no está, no existe, esa es su naturaleza. ¿Qué ha hecho este individuo preclaro para merecer el privilegio de estar envuelto en una atmósfera intangible y ser absolutamente real?.....
Manuel Vicent

O DIA 19 HABERÁ UN ACTO NA CASA DE PARADA DE UXIO NOVONEYRA NO CAUREL




Ninguen poderá cantar o Caurel coma Uxio polo que estes versiños son moi ousados pero aí os tedes .

                               A FONTE
      
                  A auga das fontes leva versos
                  e os camiños soños
                  no Caurel.
    
                                     Ana López.

martes, 15 de enero de 2013

TEDIO

O tedio envólvese no medo,
vive illado en silencios de algodón
ou no monótono zumbido das abellas.

A morte do asombro, e o fastío
converte en lixo as horas da conciencia
desta "flor do mal" que medra no confort.

É xordo e insensible ó pálpito da vida,
lonxe dos dentes da fame empoza o sufrimento
nun sen sentido baleiro de inquedanza.

O tedio enreda a realidade
á espera dun soño que rompa esa coiraza
e poña ás e luz ao corazón.

Ana López.

lunes, 14 de enero de 2013

VALIOSO CORREO ENVIADO POR CONCHI

Deusssss...... se fora quen de telo escrito eu ¡¡¡¡¡¡¡¡¡
Pero que satisfación e orgullo tan grande atopar que hai xente que tamén pense así e que o exprese tan ben e sexa un personaxe recoñecido..... Deus, como sería o mundo se máis xente pensase así ¡¡¡¡¡¡¡
Non é que o suscriba coas miñas pegadas dixitais senón con toda a entraña.
 
* Necesito poco y lo poco que necesito, lo necesito poco*...
 
Será porque tres de mis más queridos amigos se han enfrentado inesperadamente estas Navidades a  enfermedades gravísimasy cada día aprendo de él algo valiosoO porque, por suerte para mí, mi compañero es un hombre que no posee nada material pero tiene el corazón y la cabeza más sanos que he conocido
O tal vez porque, a estas alturas de mi existencia, he vivido ya las suficientes horas buenas y horas malas como para empezar a colocar las cosas en su sitio.
Será, quizá, porque algún bendito ángel de la sabiduría ha pasado por aquí cerca y ha dejado llegar una bocanada de su aliento hasta mí.
El caso es que tengo la sensación –al menos la sensación– de que empiezo a entender un poco de qué va esto llamado vida.
Casi nada de lo que creemos que es importante me lo parece. Ni el éxito, ni el poder, ni el dinero, más allá de lo imprescindible para vivir con dignidad.
Paso de las coronas de laureles y de los halagos sucios. Igual que paso del fango de la envidia, de la maledicencia y el juicio ajeno.
Aparto a los quejumbrosos y malhumorados, a los egoístas y ambiciosos que aspiran a reposar en tumbas llenas de honores y cuentas bancarias, sobre las que nadie derramará una sola lágrima en la que quepa una partícula minúscula de pena verdadera.
Detesto los coches de lujo que ensucian el mundo, los abrigos de pieles arrancadas de un cuerpo tibio y palpitante, las joyas fabricadas sobre las penalidades de hombres esclavos que padecen en las minas de esmeraldas y de oro a cambio de un pedazo de pan.
Rechazo el cinismo de una sociedad que sólo piensa en su propio bienestar y se desentiende del malestar de los otros, a base del cual construye su derroche.
Y a los malditos indiferentes que nunca se meten en líos.
Señalo con el dedo a los hipócritas que depositan una moneda en las huchas de las misiones pero no comparten la mesa con un inmigrante.
A los que te aplauden cuando eres reina y te abandonan cuando te salen pústulas.
A los que creen que sólo es importante tener y exhibir en lugar de sentir, pensar y ser.
Y ahora, ahora, en este momento de mi vida, no quiero casi nada.
Tan sólo la ternura de mi amor y la gloriosa compañía de mis amigos. Unas cuantas carcajadas y unas palabras de cariño antes de irme a la cama.
El recuerdo dulce de mis muertos.
Un par de árboles al otro lado de los cristales y un pedazo de cielo al que se asomen la luz y la noche.
El mejor verso del mundo y la más hermosa de las músicas. Por lo demás, podría comer patatas cocidas y dormir en el suelo mientras mi conciencia esté tranquila.
También quiero, eso sí, mantener la libertad y el espíritu crítico por los que pago con gusto todo el precio que haya que pagar.
Quiero toda la serenidad para sobrellevar el dolor y toda la alegría para disfrutar de lo bueno.
Un instante de belleza a diario.
Echar desesperadamente de menos a los que tengan que irse porque tuve la suerte de haberlos tenido a mi lado. No estar jamás de vuelta de nada.
Seguir llorando cada vez que algo lo merezca, pero no quejarme de ninguna tontería.
No convertirme nunca, nunca, en una mujer amargada, pase lo que pase.
Y que el día en que me toque esfumarme, un puñadito de personas piensen que valió la pena que yo anduviera un rato por aquí.
Sólo quiero eso.
Casi nada o todo.
 
Angeles Caso
                                                                             

-------------
" Para mí, ser es sorprenderme
de estar siendo"

sábado, 12 de enero de 2013

INFORMACION ENVIADA POR CONCHI, BOA AMIGA E CONSELLEIRA

INCREIBLE :Quien bebe VINO VIVE MENOS....
· Menos triste.
· Menos deprimido.
· Menos tenso.
· Menos peleado con la vida.
· Menos enfermo del corazón.
Piensa en ello.

jueves, 10 de enero de 2013

LAPOESÍA ES UN ARMA CARGADA DE FUTURO

 


 

Cuando ya nada se espera personalmente exaltante,
mas se palpita y se sigue más acá de la conciencia,
fieramente existiendo, ciegamente afirmado,
como un pulso que golpea las tinieblas,

cuando se miran de frente
los vertiginosos ojos claros de la muerte,
se dicen las verdades:
las bárbaras, terribles, amorosas crueldades.

Se dicen los poemas
que ensanchan los pulmones de cuantos, asfixiados,
piden ser, piden ritmo,
piden ley para aquello que sienten excesivo.

Con la velocidad del instinto,
con el rayo del prodigio,
como mágica evidencia, lo real se nos convierte
en lo idéntico a sí mismo.

Poesía para el pobre, poesía necesaria
como el pan de cada día,
como el aire que exigimos trece veces por minuto,
para ser y en tanto somos dar un sí que glorifica.

Porque vivimos a golpes, porque apenas si nos dejan
decir que somos quien somos,
nuestros cantares no pueden ser sin pecado un adorno.
Estamos tocando el fondo. .........
Gabriel  Celaya.

 

ALMOFADA DE LUZ

Qué afán leva ao sol a rescatar ó día
percorrendo a cara oculta da lúa
trala maleza de grises desta choiva
que garda o río das horas?

Qué afán leva ao sol
a engañar a máscara do tempo
acendendo menceres solidarios
cómplices da noite?

Qué afán leva ao sol
a pintar arco iris nas nubes 
como un pacto de amor
entre os homes e o ceo?

Qué afán leva ao sol
a ser a almofada de luz deste futuro
preso e sen estrelas?


Ana López.

miércoles, 9 de enero de 2013

ESPERANZA

Planto hoxe no Patio, para sempre, este símbolo da ESPERANZA, PAZ E LIBERDADE.
Precisará votos especiais para que prospere .......

....máis que volver ao de antes, diría, que quero volverlle dar importancia ao que nunca deixou de tela ...

martes, 8 de enero de 2013

OCARINA


OCARINA

O primeiro día do tempo
nun recanto da praia
enterrei o corazón.
Batía moito e doía.
Non sei se era o corazón
ou unha ocarina.
As ondas tocarana
e só se oirá unha canción.

 
Gema, 08-01-13


domingo, 6 de enero de 2013

PATIO DE RECREO DE LOITO




Espero que a celebración do ano de Munch e o 2013 sexan só unha coincidencia.

Digo isto porque O Grito, ese cadro que é a mellor expresión plástica do arrepío, foi o que se me veu á cabeza cando me enterei do caso de Málaga.
Que crueldade tan obscena¡¡¡¡¡
Non se me ocorre outra cousa que mirar ao ceo cos puños erguidos e os dentes pechos, e logo, tirar ao chan uns pétalos imaxinarios bañados en bágoas.
gema, 06-01-13

sábado, 5 de enero de 2013

CARTA AOS REIS MAGOS


Moi respetables Srs. Reis Magos:

A verdade é que  sempre pensei que eran vostedes unha engañifa montada polos tendeiros para vender mercancía.

Nunca me cadrou ben que uns Reis e ademais Magos, lle levaran como regalo para un bebé ouro, incienso e mirra. Excelencias, é que non ten pés nin cabeza, para que quere iso un meniño se por derriba é Deus? Vamos, unha extravagancia, pero como a literatura oriental é tan dada ás grandes metáforas ......

Total, que como nunca se sabe, e este ano as cousa andan moi jodida, póñolles estas catro letras por se se lles ocorrira parar na miña casa. Por certo, non deixo nada para os camelos.

Teño que dicirlles a verdade: méritos non fixen ningún en todo o ano, non me portei nada ben. Infrinxín normas de luxuria a pasto, exceso de velocidade e salto de semáforos, non din limosnas nin recei nada, odio aos políticos ata límites insospeitados, pago os impostos porque non me queda outro remedio, consumo o mínimo posible e así o país nunca tirará adiante.

Se mandara algo aniquilaría o Senado, metade dos politicos e dos sindicatos, metería no trullo a todo ladron aínda que fora parente da Realeza e a todos os golfos sexan de que caste sexan....

Claro, xa sei que con esta franca confesión que lles fago o que me poden deixar será moitísimo carbón porque é o que merezo. Non saben canto lle lo agradecerei porque a luz cortáronnola por impago xa fai tempo e o gas tamén. Entón nunha pequena estufa de ferro que recollemos na chatarra, non inverno non pasariamos tanto frío.

Por se é o caso, saúdoos con moitos respetos e agradecementos de antemán.


PD:  aquí  non busquedes  estrela, guiádevos polo faro da Torre de Hércules.

NOITE DE REIS

Entramos empurrados a un tren que non ten saídas de emerxencia.
As ventás non deixan ver con claridade a paisaxe.
Nos corredores os latidos dos vagóns fan tremer ao silencio.
Ninguén sube nin baixa.
Nembargantes, máis alá da medianoite, pode que se escoite o soño dun neno que nos esperte a todos.
Debemos seguir a viaxe.
"Próxima estación Esperanza".

Ana Lopez.

Carta aos Reis Magos


        "Contrigo"

"Regálanos entusiasmo...  Un amigo, unha amiga (polo menos)"

Baltasar, rei negro, quítanos tanta mediocridade e regálanos luz e luces, pombas e trigo. As sonatas para violín e piano que escribiu Mozart, xenio, díscolo, prófugo de todas as correccións imposicións satrapías e intolerancias. Melchor, rei de prata, danos alento cando o alento se precipite en nada. E ti, Gaspar, tráenos o gozo de vivir cando o gozo de vivir desapareza. Regálanos, rei de todos os reis, o sosego. Regálanos un horizonte, quero dicir unha ilusión que nos mova. Quítanos da boca o limón agrio, vinagre dos días, devólvenos a inocencia que o presente roubou. Limita a estupidez, ese andazo sen remedio. Eleva aos que non souberon elevarse. Reduce aos que reduciron aos outros. Danos honestidade, rectitude e dignidade, para desprezar os miserables e os que se pudren na súa miseria. Regálanos un «quitapenas». Non esquezas o Scalextric que pedín hai tantos anos (e sigo esperando). Esperanza, digo, que non falte. O tren da bruxa para subir con ela, con el, e deter con bicos a escuridade. Desexo afán apetito. Regálanos aspiracións que non rimen só con poder, fama ou dividendo. Turrón de chocolate cando o turrón non repouse nos escaparates. Pinturas de amor e non de guerra. Regálanos entusiasmo. Unha emoción que rabuñe a nosa pel. Uns ollos aos que mirar para revivir día por día, proclamando: ámote. Uns dedos que meter na boca, e lamber, e que o seu sabor sexa de azucre e papaia. Un amigo, unha amiga (polo menos). Regálanos afectos. Alegría e canción. Alguén que nos sosteña: poder pechar os ollos e caer. Regálanos, rei mago, vida para vivir. Para vivir: con ela, con el, contrigo.


Artigo publicado na Voz de Galicia por Xosé Carlos Caneiro                                   (Foto propia)

viernes, 4 de enero de 2013

LOS REYES MAGOS ESTÁN EN CRISIS - Lucía Etxebarría

  




Este domingo muchos niños no recibirán regalos, o los regalos no serán tantos ni tan costosos como los que recibieron en el 2012. A algunos padres les va a costar explicar esto. Tendrán que decir a los niños que la crisis es global y que también ha afectado a la empresa de SS.MM. de Oriente. Pero quizá algo bueno podamos sacar de todo esto y empecemos a educar a nuestros hijos en otros valores.

La historia del iPhone de Miguel ilustra muy bien el delirio consumista en el que nos habíamos instalado en los últimos años. Mi hija me ha vuelto loca los dos últimos años con la cantinela de “quiero una Monster High”. Las tiene todas. No le llegan a durar ni un mes. Acaban olvidadas en cualquier cajón, desmembradas como si hubieran vivido la masacre de Texas (todas han perdido al menos un brazo). Mi hija es el exponente perfecto de que la sociedad consumista –aquella que devora productos sin llegar a disfrutar de ellos, que propugna el consumo acelerado de mercancías desechables y las relaciones de usar y tirar– tiene su futuro asegurado; porque enseñamos a los niños a ser consumistas casi desde que nacen. También les enseñamos a asociar afecto con mercancías, a identificar dinero con cariño e incluso a chantajear (mi hija no paró de darle matraca a mi madre hasta que le compró la Draculaura, y si Miguel recibió un iPhone fue, obviamente, porque lo había pedido).

Ningún regalo caro sustituye a una carencia emocional, pero una persona que no conoce el afecto real no lo sabe, porque no puede comparar. Por lo tanto, a falta de afecto, cada vez deseará más cosas materiales, y como estas jamás le proporcionarán lo que en el fondo ansía –sin saber siquiera que lo ansía–, el resultado es que cada vez deseará más en una espiral autorreferente: un iPhone 5 en lugar de un 4, unos zapatos de temporada porque los del año pasado (nuevecitos) ya se han pasado de moda, una Monster High porque las Bratz ya no se estilan.

Podríamos regalar a los niños la enseñanza de saber apreciar su suerte, de valorar el hecho de que han nacido en una parte del mundo en la que no les van a hacer trabajar o luchar como soldados a los ocho años ni les van a casar a la fuerza a los doce. Pero el mejor regalo que se puede hacer a los niños y niñas es el cariño incondicional: un bien escaso y que no se compra con dinero.
PS: Miguel perdió el iPhone en ­febrero


jueves, 3 de enero de 2013

ANA, A ONDE VAI O TEMPO ???

Penso que a ningures. O tempo non vai a ningures.
O TEMPO É O CADALEITO
DOS ESQUELETES DAS HORAS.

miércoles, 2 de enero de 2013

Encetemos o ano con xenerosidade e esperanza.
!Inda non chegaron os tempos de ceder o futuro!
Bo Aninovo!


Xermolo de vida
en mans abertas.
Nómada de soños
e futuros.
Renace cada día
ó amor compartido.
Sen dobregarse,
inmune ó desalento
desafía á inxustiza.
Abre horizontes coutados,
defendendo a inocentes
en toda a face da terra.

Ana López.

TANTO BRILLO, TANTO BRINDE, TANTA CAMPANADA ........PARA DOUS DÍA MÁIS TARDE ESTAR SUDANDO A GOTA GORDA POLA COSTA DE XANEIRO.

google

martes, 1 de enero de 2013

mensagem de ano novo 2013google

Empezo cun problema:
- Non desexo deixar de fumar
-Non desexo empezar a estudar inglés
- Non desexo comezar ningunha dieta de adelgazamento
- Non desexo comezar a ir a ningún ximnasio
- Non desexo volver 20 anos atrás
- Non desexo facerme ningún implante ( que non sexa dental )
-Non desexo ter máis do que necesite ......