A FOTO
O caseiro ten présa por meter os fociños nesta casa, quere alugala pronto. Para min é un problema pero dime que a vida non está para sutilezas.
Nunca se me deu ben o de pechar a porta, sempre vou ao carrelo de pantasmas.
Estaba a meter nunha bolsa que mercara nos chinos xunto có meu luxoso "fondo de armario" os taconazos daquela noite...,os libros, as figuriñas dos andeis, os CDs, a crema de cara do super, outras cousas do aseo persoal , a axenda de traballo coas páxinas en branco testemuña do ano de fracaso, cando caeu a foto ao chan.
Por algunha razón non me desfixera dela e levabaa sempre conmigo. A min non me gustan as fotos, é como volver a pasar polo corazón o pasado e iso algunhas veces faiche dano.
Lembro moi ben cando ma fixera miña nai; foi despois de rifar conmigo na praia por non dar feito en todo o verán a tarefa que me puxera dona Olivia, tan orixinal como todos os anos: unha redacción sobre as vacacións. Pero eu sabia que non pagaba a pena esforzarse, puxese o que puxese a millor sería a de Aurorita , a chivata oficial da clase e afillada da profe.
Daquela non sabia o que era o nepotismo.
Na foto estou sentada na area có caderno no colo, as miñas mans sosteñan o lapis cunha forza que non se corresponde coa fraxilidade dunha nena e o xesto da cariña mostra o momento; unha mestura de decisión e contrariedade.Pero sobor de todo hai un detalle que sempre me chamou a atención: non teño abotoado o vestido, non lembro porqué.Máis o instinto dime que aí está a metáfora da miña vida:
un vestido sen abotoar,
e un caderno por encetar.
Ana López.
Ana os teus relatos son coma un fermoso cofre que no seu interior encerran algo ainda moito mais valioso: inxenio, intelixencia e fermosura. Parabens!!!
ResponderEliminarCoincido co Conchi. Parabéns
ResponderEliminarCoincido co Conchi. Parabéns
ResponderEliminar