PRÉSTOCHE AS BRAGAS
Aquel inverno
fora moi frío, caira a nevada meirande que recordo.
Antes de te
erguer xa sabías que nevara pola luz leitosa que entraba e polo silenzo. Era un
silenzo coma se todo o tapizaran de algodón que comía os sons. Nada se oía nin
se movía. As árbores semellaba pantasmas brancas inmóviles. Só a neve de
alfombra e as folerpas que cían tan mestas coma un enorme enxame de bolboretas
brancas.
Gustabame ir á
escola pero non quitaba que aqueles días de neve non disfrutara. Cando abría
unha raiola xuntabamonos todos os nenos para montar batallas “nevales” das que
quedabamos todos derrotados, cansos, colorados
e as mans queimando de frío.
Logo nos
recuperabamos e comenzabamos o rito de construir o boneco, ben grande.Cada un podía aportarlle a singularidade que quixera. Había algúns cativos que sempre se empeñaban en plantarlle unha “pilindra” ben ostentosa. Aí as cativas dabamos en berrar escandalizadas coma galiñas poñedoras e tratabamos de arincarlla pero sempre gañaban eles porque eran máis brutos e descarados.
No medio
da trifulca, a miña amiga Puriña caeu de tal xeito que todos lle viron o
cuíño colorado coma o dunha mona porque non sei por que nunca levaba bragas. No
canto de facer que non vían todos riron escandalosamente mentres ela non sabía
onde meterse ou se tapar a cara ou o cu.
Indigneime
profundamente por aquela falla de discreción e compañeirismo, arrimeime a ela e
díxenlle: “Déixoche as bragas”.A vida separounos a cada unha polo seu lado pero aínda fai pouco tempo recibín unha carta dela de puño e letra, non unha chamada nin un mail, dicíndome que nunca esquecería aquel “detalle” por moito tempo que vivira. Foi a maior metáfora da amizade, me dicía.
Quedeime a
pensar sorprendida e cheguei á conclusión de que Puriña tiña razón, pero á
inversa: metáfora a dela por aceptarme o “detalle”.
gema, 23-01-13
Fermosisimo e tenro relato.Penso tamén que é unha grande metáfora da amizade.
ResponderEliminarEmociónonme.
Unha divertida llembranza do pasado e unha marabillosa e orixinal metáfora da amizade.
ResponderEliminarSodes aplicadas, inxeniosas, divertidas. Escribides divinamente... Que noxo de amigas!!!!! ( verde estou....)