Espero que a celebración do ano de Munch e o 2013 sexan só unha coincidencia.
Digo isto porque O Grito, ese cadro que é a mellor expresión plástica do arrepío, foi o que se me veu á cabeza cando me enterei do caso de Málaga.
Que crueldade tan obscena¡¡¡¡¡
Non se me ocorre outra cousa que mirar ao ceo cos puños erguidos e os dentes pechos, e logo, tirar ao chan uns pétalos imaxinarios bañados en bágoas.
gema, 06-01-13
Extraña e sinistra coincidencia. Únome ao teu desexo de que só sexa iso , unha coincidencia.
ResponderEliminarNon é doado de entender a traxedia de Málaga, ás veces "las alas clamufladas de Dios se enrollan en la oscuridad" como dí Tomás Transtöner.
ResponderEliminarUnha aperta.