martes, 15 de enero de 2013

TEDIO

O tedio envólvese no medo,
vive illado en silencios de algodón
ou no monótono zumbido das abellas.

A morte do asombro, e o fastío
converte en lixo as horas da conciencia
desta "flor do mal" que medra no confort.

É xordo e insensible ó pálpito da vida,
lonxe dos dentes da fame empoza o sufrimento
nun sen sentido baleiro de inquedanza.

O tedio enreda a realidade
á espera dun soño que rompa esa coiraza
e poña ás e luz ao corazón.

Ana López.

2 comentarios:

  1. Como sabías o que eu quería escribir pero non sabía ???
    Que parecido é iso que vive dentro ¡¡¡¡¡
    Gústame moito Ana

    ResponderEliminar
  2. Pois xa somos dúas as que asinariamos este poema ( ademáis da autora) " O tedio enreda a realidade" e eu ando á espera dese "soño que me poña ás de luz no corazón".

    GÚSTAME e eme moi doado interiorizalo.

    ResponderEliminar