Hai días que saben a distancia,
coas cadeiras vacias
onde se sentan as ausencias.
Días deshabitados
onde os rostros se confunden coas horas
e nada dicen as palabras.
Son días á marxe de ti
que van máis alá do esquecemento
e forman remuíños na memoria.
Días que pendes no percheiro
e non sabes se estás na medianoite
o soñando un mencer.
Ana López.
Miña querida Ana que ben coñezo ese tempo deshabitado. Cantas ausencias ao meu redor sentadas nas sillas baleiras! Cantos "días perdurados do percheiro"
ResponderEliminarSinto o poema coma propio. Grazas por escribilo.