Estaba eu cantando e brincando no verde prado. As vacas pacían, e adicábame a trenzar xuncos e frores para facer unha diadema .Despoís poñiaa no pelo e camiñaba por aquel prado en costa como por un salón real. De cando en vez algunha vaca deixaba de comer para mirarme. Sabe Deus, o que pensaría!. Algún !muuu! mostrábame a súa desaprovación.
Cando mas entretida estaba chegou un cabaleiro. Un cabaleiro de verdade "de capa y sombrero", montado nun alazán. Bueno, digo eu que sería alazán porque así son os cabalos dos romances.
Tiña ganas de falar, pero non se lle entendía ben o que dicía. Falaba de rosas e de primaveras e da miña fermosura !Vaia, debía ser un pouco cegato!
De súpeto "bajó del caballo y vino hacia mi" coma na copla. A aquelo non lle encontrei sentido ningún, pareceume que non habia razón para interrumpir a viaxe, con un "bo día" estaba máis que cumprido. Así que lle dixen que seguira o seu camiño, que non tiña ganas de lerias. Pero el dalle que te dalle con aquelo de "moza tan fermosa non vi..."
Entón si que lle vin as intencións!. Dixenlle que se fose, que o cabalo estaba asustando as vacas; pareceume unha fina indirecta. Pero nada, erre que erre có da vaquera aquela que debera coñecer na festa da Finojosa.
Nestes casos hai que ser resolutiva: se non tes unha aguillada, ou unha pedra, unha boa couce nos c...!
Nesas estaba cando espertei. Cós puños pechados e chea de carraxe. Tiña ao meu carón o libro que estaba lendo que falaba da vaquera da Finojosa.
!Miña pobre! espero que o cabaleiro non fose como o do soño
nin a vaqueira tampouco!
Ana López.
Tamen ti que despreciativa... Presentache un cabaleiro de capa e sombreiro, e ti de vaqueira altiva e..."finojosa" ,pois mira hai que ser menos fina e mais josa....
ResponderEliminarÉ que tiña que ser fiel o guión e a tal"vaquera de la Finojosa" non quixo saber nadita do cabaleiro.
ResponderEliminarNon lle ia a enmendar o plano ó marqués de Santillana!
Ante un cabaleiro de capa e sombreiro,insisto, e nos tempos no que xa non quedan capas, poucos sombreiros e escasisimos cabaleiros non creo que o M de Santillana, tomara a mal que a vaqueira se despendolara un pouco....
ResponderEliminar