PATIO DE RECREO É UN LUGAR PARA XOGAR COA LINGUA NO MÁIS AMPLO SENTIDO DA PALABRA ...... E A LINGUA GALEGA É A MÁIS AXEITADA PARA ESES MESTERES ¡¡¡¡¡¡¡¡
martes, 14 de mayo de 2013
Máis dunha non aprendimos inda a xogar ben a "rayuela " .
Rayuela
cada quen xoga como pode
gardando o equilibrio
con un dos pés no chan
e outro polo aire
para chegar ao oito
hai que ser excelente
saber saltar moi ben
e non perder a pedra
cando chegas ao sete
e xa palpas o ceo
algo te empurra fóra
e vas caer no inferno
non sei quen me pintou
os cadros tan pequenos
nin porque me deron
este croio tan duro
alguén xoga con trampas
e fai grandes os cadros
troca seguido as marcas
e non carga con nada
eu levo dende nena
practicando este xogo
e inda non aprendín
a xogar á "rayuela"
Ana López.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Vale mais tardar en acadar a perfeccion que intentar conseguila con " malas artes" . O que asi o fai so consigue autoengañarse.
ResponderEliminar