A min, últimamente, sobrepásame a
velocidade coa que se produce todos os acontecementos. As novas
superpóñense en capas cada vez máis densas. ( Sen contar as
políticas e as de fraudes porque esas decidín prescindir delas xa
fai un tempo. Dislocábanme as neuronas). Por esta mesma razón unha
das novas que me afecta directamente é a de ir montar unha colonia
humana a Marte.
Os que sabedes de min, sabedes da miña
teima de desterrarme, que
quere dicir irme do planeta porque non me gusta nadiña este mundo
que entre todos montamos.
Logo
ven o das célula madre e os bebés de laboratorio. Esta non me
sorprendeu tanto porque xa fai uns 40 anos que Aldus Huxley o
aventurara entre outras cousas que se foron cumprindo.
Preocúpame
bastante a outra aventura de que se puideran clonar homínidos.Non
quero pensar o que puideran facer con eles..... se cos humanos se fai
o que sabemos .......
Pero a
última, ultimísima, escoiteina esta mañá no radio: Tres
jovenes asturianas tuvieron que ser atendidas en tal.....hospital
bajo los efectos del alcohol, dos permanecen en coma etílico......
Isto en si tampouco
ven a supor ningunha novidade, xa sabemos...
O novedoso e chusco
do caso ven a ser o modus operandi: introduciron nas súas vaxinas
(que ardor) tampóns ( non especificaron a marca), digo, tampóns
enchoupados en alcohol. Manda carallo ......
Para isto si que xa
non teño capacidade de análise, pilloume por sorpresa, pode ser
cousa dos anos.
Ou mutación
funcional dos órganos, se non serven para parir con dor...... Tamén
puidera ser que como non hai pan que levar á boca ...
gema,
22-05-13
No hay comentarios:
Publicar un comentario