O MAlO
Aquí ven o maio
de frores cuberto...
puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Pasai, rapaciños,
calados e quedos,
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sónvo-lo probe
do pobo gallego:
¡Pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno!...
Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero.
¿Queredes castañas
dos meus castiñeiros?...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.
Curros Enríquez
Por se algún visitante non o soubera: OS MAIOS, celebración ancestral galega de culto á terra e os seus produtos, ata que a igrexa católica a cristianou, como non, cambiandoa pola celebración da santa cruz.
Cantademe un maio sin desahucios nin paro
ResponderEliminarUn maio sin corrupcion nin recortes
Sin quitas nin fame...
Volvemos cara atras e os versos de Curros estan hoxe en plena vixencia.
!UN MESTRE! e moi vixente por desgraza.
ResponderEliminarGrazas por traelo ó Patio.