lunes, 13 de mayo de 2013

Espertastes? Non vos vou cantar "una mañanita" como o rei David pero vouvos facer compaña con un instante. Bo día miñas donas

Instante
un salto no vacio

o corazón
nos brazos do aire

raiz
a flor de terra

sentimento
no pédulo do abismo

un latexo horizontal
para abrazarte.

                         Ana López.

3 comentarios:

  1. Ana, es coma unha calandra, espertas cos versos soñados?
    Non che digo a que hora eu aínda estou a voltas co meu corpo para recompoñelo e botalo a andar ...
    e ti escribindo poemas.

    ResponderEliminar
  2. !!Ja, ja,Ja !!!dende "que por mayo, era por mayo/ cuando hace la calor/...Cuando canta la calandria/ y responde el ruiseñor; non volvera a oir falar da calandra e xa debe facer un século...
    Fíxome gracia!
    Os meus ósos non paran na cama, empeza a dor e hai que erguerse miña filla e non có canto da calandra precisamente.

    ResponderEliminar
  3. Grazas por ese abrazo madrugador que me chega suspendido " nos brazos do aire".

    ResponderEliminar