DIÁSPORA
Non quero ser a nena que medrou
e tivo que marchar
a que só fala a lingua dos xigantes
e non pode lembrar do seu país
nada máis que a uralita,
o cheiro esmagador dos eucaliptos
e aquel último barco que afundiu,
a que xa non ten casa
á que volver,
e percorre os países estranxeiros
ollando as marabillas
coma quen mira ao exército que llo arrebatou todo,
a que nunca máis amará
viaxar,
porque só lle restan ruínas
das que partir.
e non pode lembrar do seu país
nada máis que a uralita,
o cheiro esmagador dos eucaliptos
e aquel último barco que afundiu,
a que xa non ten casa
á que volver,
e percorre os países estranxeiros
ollando as marabillas
coma quen mira ao exército que llo arrebatou todo,
a que nunca máis amará
viaxar,
porque só lle restan ruínas
das que partir.
Sen nome de autora na Voz de galicia
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarDespois de moito tempo os nosos xoves vense de novo obrigados a abandoar a zua terrar. E o siigno destos tempos. O reloxo corre apresuradamente cara atras.
ResponderEliminar