Ó vivir preto do mar, este é o primeiro que ves cando te ergues. O saúdo de cada mañá é unha nova imaxe anticipo da xornada.
Esta foi a de hoxe; calma e sosego.
Ó redor, as ventás ian abríndose pouco a pouco...Dentro, as apaixoantes historias da vida;
cada historia é diferente,
cada vida é singular,
cada día é distinto,
cada mencer un comenzo.
Hai un sosego gris
no abrazo da mañá
e un tempo lento
no mar.
Ana López.
No hay comentarios:
Publicar un comentario