
Un día Ana mandoume o seu poema:"Propósitos para Aninovo". Gustoume e ela permitiu que o continuara...
Hei de morder a vida a bocados pequenos
para que non doa
e as feridas sexan menos.
Hei de enmarcar o sorriso
nos labios da choiva
cando rompan todos os espellos.
Hei de cavar na terra erma
unha cova verde de esperanza
para soterrar todos os medos...
Hei de andar por camiños desertos.
Encheri os meus petos de pedras
para que escache contra elas o tempo
Grazas Ana por deixarme participar no teu texto. O camiño foi doado porque só tiven que seguir as túas pegadas...
Este poema ten entidade propia, non lle debe nada o comenzo.Quizais a forma de editalo en" Diversos"non lle faga xustiza ¿cambioa?
ResponderEliminarGrazas polos teus versos e a "Patio de recreo" por acollelos.
FELIZ 2012!
Cambiei a entrada de "Diversos" penso que está mellor así.
ResponderEliminarBiquiños e grazas de novo.
Deixarédesme agochar o ano que vén nesa cova verde de espereranza? Quizabes poidamos tamén crear unha pompa grande de ilusión
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
ResponderEliminarTi estás xa nela e na pompa de ilusión deste patio tan acolledor.
ResponderEliminarGrazas Gemiña por me acoller.