miércoles, 20 de noviembre de 2013

POR UNHA INFANCIA MÁIS FELIZ - DÍA DO NENO 2013

Google


Carne de yugo, ha nacido
más humillado que bello,
con el cuello perseguido
por el yugo para el cuello.

Nace, como la herramienta,
a los golpes destinado,
de una tierra descontenta
y un insatisfecho arado.

Entre estiércol puro y vivo
de vacas, trae a la vida
un alma color de olivo
vieja ya y encallecida.

Empieza a vivir, y empieza
a morir de punta a punta
levantando la corteza
de su madre con la yunta.

Empieza a sentir, y siente
la vida como una guerra
y a dar fatigosamente
en los huesos de la tierra.

Contar sus años no sabe,
y ya sabe que el sudor
es una corona grave
de sal para el labrador.

Trabaja, y mientras trabaja
masculinamente serio,
se unge de lluvia y se alhaja
de carne de cementerio.

A fuerza de golpes, fuerte,
y a fuerza de sol, bruñido,
con una ambición de muerte
despedaza un pan reñido.

Cada nuevo día es
más raíz, menos criatura,
que escucha bajo sus pies
la voz de la sepultura.

Y como raíz se hunde
en la tierra lentamente
para que la tierra inunde
de paz y panes su frente.

Me duele este niño hambriento
como una grandiosa espina,
y su vivir ceniciento
revuelve mi alma de encina.

Lo veo arar los rastrojos,
y devorar un mendrugo,
y declarar con los ojos
que por qué es carne de yugo.

Me da su arado en el pecho,
y su vida en la garganta,
y sufro viendo el barbecho
tan grande bajo su planta.

¿Quién salvará a este chiquillo
menor que un grano de avena?
¿De dónde saldrá el martillo
verdugo de esta cadena?

Que salga del corazón
de los hombres jornaleros,
que antes de ser hombres son
y han sido niños yunteros.


Mi guel H.

Nin os luns ao sol !

No paroxismo da tolemia acordaron "externalizar" ao sol.
Alguén apuntou timidamente que xa existían as empresas de enerxía solar. Pero a loira non falaba deso. Muller observadora comprobara que a xente saía á rúa a "tomalo" así polo morro ! sen pagar ningunha taxa. Aseguraba ter visto un home sentado nun banco todo o día a quentarse e seguramente a pensar demasiado en cousas que non lle correspondían, cando a súa obriga era poñerse toda a mañá na cola do INEM .Algunha raioliña caería por alí, entre eso, e a carraxe entraría en calor sen malgastar un ben de todos. Estas oficinas estaban para eso, o do traballo fora a desculpa. Só faltaba que lle tivesen que buscar un traballo, que cada quen atope o seu !
Nos días no que o sol saía con forza as rúas enchíanse de paseantes que agora iban en aumento desde que se lles dera por vender os radiadores. A xente ten moito vicio, porque lles daría por facer cousas así ?
Había que evitar tanto despilfarro. Non pagaban pola auga ? Pois polo sol tamén.
Membros do consello preguntaron se os lagartos terian que pagar unha sobretaxa por ser uns grandes consumidores.
Pronto resolveron a dúbida: cós réptiles farían unha excepción.

        Ana López.

lunes, 18 de noviembre de 2013

DORIS LISSING




  1. Aaaaah “el amor, el amor”, es un ir y venir de emociones contradictorias pero aún así, debemos seguir apostando, ya que todo los que nos rodea es amor, realizar con pasión lo que queremos, es amor tal vez esta sea la manifestación más genuina!!!
  2. Comment by Doris — May 15, 2013 @ 7:21 pm

NADA NOVO DO OUTRO LADO

google



Esta semana topeime cun colexio que estaba no descanso dunha excursión. Discutían sobre a que xogar e acabaron facéndoo a un xogo que se chama a araña.  Trátase de colocar a uns cantos nenos no medio de dous grupos que están a cada lado.  E os nenos do medio son a araña e han de atrapar aos que queren pasar dun lado a outro.  Se che  topan ou  te atrapan, has de quedar no medio e convérteste  tamén en araña.
Era divertido ver como aos poucos, case todos os rapaces que intentaban pasar acabábanse transformando en araña?
Cando tan só quedan dous nenos libres e uns 50 facendo de araña,  un home que tería uns 80 anos e que tamén observaba o xogo dixo:  Este xogo reflicte o que é a vida.  Se te atrapa a rutina convérteste  nun máis e desexas atrapar a máis xente na rutina.  Para non ser pillado, debes ser moi áxil e sobre todo non desexar sempre cruzar  ao outro lado.  Case nunca hai nada novo ao outro lado .....
Non dixo nada máis.  Ambos nos quedamos mirando ese final de xogo pero agora sentindo unha emoción que segundos antes non existía e eu tendo a sensación que o home do lado xamais fora atrapado.  Feliz semana ......
A. Espiñenta


O Pardal

LEVO NO PEITO UN PARDAL
non ten o canto do reiseñor
nin anuncia a primavera
nin espalla de versos
dos poemas

non levo conta
das veces que percorremos a noite
perdidos no labirinto dos afectos
nos misterios da sombra
na fermosura da rosa.

cantas esquinas dobramos
no instante que precede ao soño

aniñou na primeira luz do amencer
no trémulo ventre da auga
espello que confirma ou deforma realidades

guieiro dos pasos que contan os días
pulo na recta da rutina

deixa no po os parásitos
e dame ás para voar
cando anda zanfoneando un gato

non irei soa na última viaxe
levarame á outra ourela
confundido coa terra
un paxaro marrón e solitario.

                       Ana López.

domingo, 17 de noviembre de 2013

Marina Tsvietáieva adicou este poema a súa avoa. Como nos verán as netas?

A la abuela

Óvalo duro y alargado,
De negro encaje vestida...
!joven abuela!- ¿Quien ha besado
vuestra boca altiva?

Cuando valses de Chopin tocaras
con tus manos en estancias reales...
Como de hielo parte de la cara
los bucles parecían espirales.

Ojos de la defensa pendientes,
Así no miran las jóvenes mujeres.
Ojos oscuros, fijos, exigentes.
Joven abuela, dime: ¿quien eres?

¿Cuantas posibilidades te llevaste al fin
e imposibilidades- cuantas eran?
al hoyo insaciable sin fin,
polaca veinteañera.

El tiempo despejado, inocente era el día,
las estrellas se apagaron en la oscuridad.
- !Abuela! esta intensa rebeldía
en mi corazón es vuestra, ¿verdad?

                4 de septiembre de 1914.

SERÁN LERCHAS ....¡¡¡¡¡¡¡¡¡

TEMPO DE VIÑO





La uva y el vino (Eduardo Galeano)

Un hombre de las viñas habló, en agonía, al oído de Marcela.
Antes de morir, le reveló su secreto: -La uva -le susurró- está
hecha de vino.
Marcela Pérez-Silva me lo contó, y yo pensé: Si la uva está hecha de
vino, quizá nosotros somos las palabras que cuentan lo que somos.

sábado, 16 de noviembre de 2013


                                            T
                                        E
                                     R
                                 R
                      O
                R
         I
      S
    T
   A
S
ellos,
ellas,
ellos y ellas,
quienes se lucran a la nuca,
quienes comercian a punta de mercado,
quienes compran a bocajarro y venden a quemarropa,
quienes fabrican beneficios a base de amonal y de metralla,
quienes colocan intereses explosivos escondidos en un contrato,
quienes detonan inversiones con una llamada de teléfono móvil,
quienes reivindican el atentado exigiendo un balance positivo,
quienes leen sus resultados ocultos detrás de una corbata,
quienes tienen las manos manchadas de dinero,
quienes están perpetrando
este mundo.
Iván R.

AGARDANDO A CHAMADA DA INSPIRACIÓN

.
google

viernes, 15 de noviembre de 2013

ENERXÍA ESCURA


:: a putada da lúa::
3971137460_4da6bf5e46
-Como quere que a chamemos? Selene? Tsuki? Lúa do Castor?
- Lúa a secas está ben
- Ben, señora…
-Señorita
-Señorita Lúa
-Si
-Que facía vostede o 13 de novembro de 2002 contra as 15:00 horas?
-Non estaba
-Como que non estaba. Vostede sempre está
-Si, bueno, era mediodía… non sei, mira, estou nerviosa. Podo fumar?
- Non, non pode. Recoñece que regular as mareas é xurisprudencia súa?
- Daquela maneira. Aquel día os refachos do vento eran cousa fina
- A Rotación combinada Terra-Lúa é a que marca o patrón dos ventos. Non se estará exculpando
- Daquela a Rotación da Terra tamén debería estar sentada nesta cadeira comigo
-Non podemos imputar á Rotación da Terra. Pararíase todo. Acabaría o mundo
-Ah, pero a min si, non? A min si se me pode sentar aquí e poñerme o pé enriba. E bandeiras e de todo…
- Estabamos en que as mareas eran cousa súa e os ventos, de xeito indirecto, tamén
- Pois será. Oes, teño un ceo nocturno que atender
- Aquela mesma noite, que fixo vostede?
- Non me lembro. Non teño atmosfera. As lembranzas escápanme todas cosmos arriba
-Xa, claro. Aquí o Google Sky Map di que vostede estaba crecente…
- …en abalo
- No que queira. Vostede estaba inflándose coma un cruasán…
-Croissant
-… e na constelación de… agarde un chisco… si, Acuario
- Na constelación de Acuario. Vale, ben, vaime xulgar un tribunal de astrólogos?
- Convirá en que era un exercicio de imprudencia estar en Acuario precisamente a noite dun accidente marítimo
- Xa me dirás onde queríades que estivese. Eu fago o meu traballo na miña órbita, a vosa perspectiva do asunto tráeme ao pairo. No hemisferio sur a cousa pintaba diferente e segue a ser o mesmo planeta, ou?
-…
-Mira, teño présa, o sol directo séntame fatal, dime o que me queiras dicir e xa
- Vostede é a responsable da especial Rotación da Terra que provoca as turbulencias e os ventos de toda caste. Por se fose pouco, o Océano séguea a vostede como un can de palleiro
- Joder, non me trates de vostede, cacho hipócrita! Se me prometiches a unha moza unha noite de agosto dentro dun coche aló no Monte San Pedro…
-…e a todo iso súmase que estando vostede en corpo presente e crecente…
- e logo ben que a zoscaches, alí, no coche, e eu tiven que velo todo, teño que ver cada cousa, cada cousa…
-…durante toda a noite e as noites subseguintes até o afundimento do barco, o 19 de novembro de 2002…
- …que estades como cabras e logo a que ten unha cara oculta resulta que son eu…
-… non baixou vostede a botar unha man…
- Unha man? Pero que man? QUE MAN?
-… nin tomou as precaucións esperables nun satélite de primeira coma vostede…
- Son o único satélite que vos quedou porque ninguén quería saber nada de vós
-… tales como paralizar as mareas, deixar de rotar, remolcar o barco con toneladas de fuel até o cinto de asteroides máis próximo…
- Si, seguide espallando a merda polo sistema solar, veredes que ben vos vai ir
- … aliñarse na constelación de, poñamos, Libra, para equilibrar as cousas…
- Eu cambio de planeta
-… coa agravante de comportarse como unha voyeur da desgraza allea…
- E dálle
- … con ese sorriso de media lúa que lle sae tan ben…
- Xa mo dicía miña nai: á Terra non! Ten vida que se cre intelixente!
- Por todo o cal…
-Podo marchar? Bótanme de menos catro borrachos e mil dúascentas grávidas…
- Por todo o cal considerámola culpable do «rumbo suicida» do barco…
- Un barco lunático…
-… das olas de dez metros e os ventos impetuosos daquel día
-…
- de compoñente ninsesabe
-…
- ventos aleivosos e con saña
-…
-e culpable tamén de estar en Cuarto Crecente e non facer nada dende a súa posición privilexiada
-…
- moi culpable especialmente de brillar máis branca que nunca mentres o chapapote mataba miles de aves, peixes e moluscos
-…
- e condenada, en definitiva, a pagar os 4.328 millóns de euros de perdas ocasionadas pola catástrofe
-Como vou pagar semellante cousa? Gañaríades o xuízo pero perdestes o xuízo!
- Hai unha maneira
- Cal?
- Vostede afasta a razón de 3’8 centímetros ao ano de nós.
- Si, pero tardaría millóns de anos en…
- Ben, deixe de facelo
- Que deixe de marcharme?
- Si, deixe de separarse de nós
- Pero, non podo evitar desorbitarme, coñecer outras vidas…
- Quédese quietiña. E a débeda irase saldando co tempo
- Non, iso non!
- É a única maneira
- Eu vallo moito máis que 4.328 millóns de euros, eu non teño prezo!
- A cambio, poñerémoslle bases de estudo e antimeteoritos para que non a zosquen máis. E nomes máis bonitos para os seus cráteres, en chino, que lle parece? E unha fermosa atmosfera de celofán.
- Serei a vosa puta
- É un xeito de velo. Manoseada polos poetas xa foi abondo. Ánimo e… CULPABLE!

Estíbaliz Espinosa, 13 de novembro de 2013

TODO DORA O OUTONO


Imaxe Google

Derriba do ombreiro
o lene roce do paxaro.
Chíos modulados con precisión
para pedir auga da boca.
Bate as azas arrebato
para ensinarme a voar.
Non sabe .....
que eu non teño ás....¡¡¡¡

gema, 15-11-13

A imaxe dunha nena que visitaba ao seu pai pechado na fábrica, e as mans dos dous encontrándose baixo os arames pareceume un instante moi fermoso e esperanzador. Esperemos con eles...

                                     A unha nena
 
Non esquecerás
a xornada de loita
no colo da nai.

Nin as mans solidarias
que te levaron polo aire
ata teu pai.

A memoria
gardará os aloumiños do sol
aniñando no pelo.

Cando o lembres de lonxe
farás grande o momento.

Será a túa herdanza
un canto de amor e de esperanza.

                              Ana López.

jueves, 14 de noviembre de 2013

COSTURAS

A noite
abríu as costuras.

O día
terá que bordalas
a punto de cruz.

              Ana López.

MAGOSTO



Este froito do tempo dourado, dun puño de espiñas que se abre para entregar o seu doce corazón á
terra para volver a ser, como eu abrirei o meu xa no outono para non sei qué ser...
gema

miércoles, 13 de noviembre de 2013

NON SEI EXPLICAR O MOTIVO POLO QUE CANDO ME ÍA POR A ESCRIBIR UN TEXTO PARA A CABEZA ESCULTURA DE MIGUEL, ME ATOPEI CON ALGO QUE PUIDERA COINCIDIR CO PENSAMENTO AO QUE LLE PODE ESTAR A DAR VOLTAS COS SEUS MIOLOS AO AIRE A CABEZA DO BURATO.

" Hai tempo que un animal vive nutríndose do esquezo. Pero eu son a ventrílocua, eu, a tirana louca, a analfabeta. Co magnífico libro das venturas agochado na vulva. A que non comprendeu nada pero sentiuno todo. Son a ventrílocua, a que corre cantando polos corredores de chumbo, con voz de pizarra. E abortar foi unha obriga, unha necesidade fonda, un desafío. Para cando o pálido manto da miña memoria se vai cubrindo desta pel que eu serei. Que todas as noites con devoción escribo arrebatadoras cartas de amor e nas madrugadas panexíricos a esta yolanda mesquiña, que sabe venderse e coñece o final."  autora recoñecible.



DEMANDA DO MAR

Que foi da xustiza
onde anda a dignidade?

                   Ana López
O NOSO AMIGO MIGUEL COUTO ACABA DE FACER A SÚA ENTRADA NO PATIO ONDE O RECIBIMOS CON GRANDE AGARIMO..
AGÁSALLANOS CON ESTA SÚA OBRA ESCULTÓRICA.





ESCULTURA DE MIGUEL COUTO

Llevo acostada largo tiempo...

Llevo acostada largo tiempo
en la orilla. Mis pechos
son colinas cubiertas de hoja seca.
Levanto la cabeza y me contemplo:
en mis muslos el vello a punto de ser vello,
me incorporo: la hierba a punto de ser hierba,
doy un paso y despierto al agua
a punto de ser agua,
se asusta un ave negra a punto de ser ave a punto
de ser negra...
Un resplandor me ciega:
el bosque me contempla, a punto de ser bosque,
a punto de ser tuya.
De "Hainuwele" 1990

Publicado por Miguel C.

"El que no piensa para largo plazo tendrá el disgusto a la vuelta de la esquina" Canto XI de "ANALECTA" de Confucio.

Debemos coidar a Terra, a casa de todos.O calentamento do planeta aumenta a intensidade destas catrástofes naturais, pero os que mandan no mundo van aos beneficios inmediatos. Miopes? non, !cobizosos!. E a xente, pricipalmente os máis humildes, seguirá a pagar as consecuencias.

Ana López.

POR FILIPINAS

lunes, 11 de noviembre de 2013

CHEGAR SEMPRE TARDE Á NADA ....

A L., in memoriam
leerte despacio lo que señalaras
con el dedo
jugar a algo antes de la cena
llenar tu convalecencia
con la salud de los nietos
coincidir contigo aunque a veces no
llegásemos a entendernos del todo
aunque a veces no
cediésemos en ser hijas tuyas
un poco por cabezonería
llevar tu fragilidad en coche
a ver cómo rompen las olas
pesadamente
contra una orilla que ya no es la misma
que no lo fue nunca
tu radiación nos traspasa
tu huérfana persecución de la vida
nos alcanzó
aunque lo hizo tarde
saber que algo pudimos
pero no saber qué
y no saberlo con ciega insistencia
de pantano
de enjambre
tu serena persecución de la vida
nos alcanzó
y no lo supimos
es entonces
que el enjambre se aclara
y el pantano enciende un fondo cristalino
y mil motivos con que mimarte
sobrevienen todos de golpe
como una migración tardía
de mirlos blancos por el pelo
Estíbaliz Espinosa

domingo, 10 de noviembre de 2013

......OU MOITAS GANAS DE MARCHA

 É que o mércores escoitei a un home no metro preguntando a todo volume: Por que os humanos nos movemos, onde está a nosa enerxía, a pila que nos fai andar sen parar?

Sentín que unha conversación con aquel home sería fascinante pero marchou na seguinte parada. Pero dous días máis tarde  escoitei unha curiosa historia nunha pizzería:  estaba sentado na barra e explicáballe a un amigo o  seu o truco para ser sempre feliz  Dicía que tan só radica en crer que cada día é aquel día que te fai tan feliz?. Sexa o Nadal, o teu aniversario, San Xoán.  Aquel día ou época especial do ano.  E que con ese sentimento, mires á xente e observarás como parece que tamén o están vivindo . Ser feliz só depende de creares o teu mundo e máis concretamente o teu día.

E aquel home xúrovos que ría e gozaba dunha forma que non puiden máis que preguntarlle que día era hox. Miroume e díxome sorrindo: Fin de ano.  Pero non o digas moi alto. Pero hoxe, mañá e pasado é fin de ano.

E pensei no home do metro e souben que quizá o que fai que funcionemos os humanos ten moito que ver cos nosos soños e a nosa imaxinación.. ¡Feliz semana,  ou feliz fin de ano.......
Albert E







sábado, 9 de noviembre de 2013

un


Que escura é a mañá sen que te erga unha luz .......

! AI DOLORES !

foi moza algunha vez
percorreu o amor
espida pola alba?

non agocha ningún soño
nos pregues da almofada?

esa voz detida na mentira
levou nun tempo o son cantareiro
da auga dun estanque?

traería ó nacer o sorriso da serpe
có que asoballa a realidade?

volverase atordada
a contemplar a desgraza sementada
a través do espello dun ocaso?

poderá penetrar un anxo
o corazón da pedra
ou terá que desterrar
a esperanza?

             Ana López.

viernes, 8 de noviembre de 2013

OUTONEAR



  • El cárdeno otoño
    no tiene leyendas
    para mí. Los salmos
    de las frondas muertas,
    jamás he escuchado,
    que el viento se lleva.
    Yo no sé los salmos
    de las hojas secas,
    sino el sueño verde
    de la amarga tierra.
    - Antonio Machado, "Otoño"

O día 5 de novembro fixo 50 anos que morreu Luis Cernuda, elexín este poema ¿ do exilio? para lembrar a tan grande poeta

                   PEREGRINO

¿Volver? vuelva el que tenga,
Tras largos años, tras un largo viaje,
Cansancio del camino y la codicia
De su tierra, su casa, sus amigos,
Del amor que al regreso fiel le espere.

Más, ¿tu? ¿Volver? Regresar no piensas
Sino seguir libre adelante,
Disponible por siempre, mozo o viejo,
Sin hijo que te busque, como a Ulises,
Sin Ítaca que aguarde y sin Penélope.

Sigue, sigue adelante y no regreses,
Fiel hasta el fin del camino y tu vida.
No eches de menos un destino más fácil,
Tus pies sobre la tierra antes no hollada,
Tus ojos frente a lo antes nunca visto.

              LUIS CERNUDA

jueves, 7 de noviembre de 2013

ALBERT CAMUS



No te afanes, alma mía, por una vida inmortal, pero agota el ámbito de lo posible.




George Orwel escribiu unha gran novela " 1984 " , naquela sociedade vixilada e alienada dous seres fartáronse da farsa e viviron unha historia de amor que contradecía os intereses do poder.Os tempos non son moi diferentes, esperemos que non dirixan os sentimentos.

encontraron o amor
entre os espectros

camiñaron un treito
por areas movedizas

ata que un resorte
acendeu as alarmas

non se refuxiaron
nun peirao seguro

nas praias do poder
agardábaos o silencio.

              Ana López.



Atraco
O home millonario, paseábase apaciblemente polas rúas céntricas da cidade, de súpeto, foi asaltado violentamente ,    por unha dúbida.......  Esquecera a súa carteira....

José de Jesús Gutiérrez Romo

miércoles, 6 de noviembre de 2013

POESÍA

tren sin maquinista
percorre camiños
sen deterse en ningures
dende as arterias
do corazón

non pide permiso
nin ordena o tempo
atravesa campos desolados
entre contradiccións e desacordos
sen descarrilar da esperanza

deusa pagana
sen estrelas no fronte
nin diadema de frores
berro desgarrado
cadeas liberadas

ledicia e dor
amor e desamor
sangue da vergoña
incertidume do futuro
frecha na procura da diana

paisaxe múltiple
da condición humana.

                    Ana López.

Vou a ter o atrevimento de suxerir aos amantes da fotografía que lle botedes un vistazo a serie "Ribeiras" de Fernando Barbeyto que está colgada no blog "Esculcar o tempo"

martes, 5 de noviembre de 2013

Nunha fermosa parede branca do MACBA en Barcelona está escrita esta fermosa reflexión.Permítome a licencia de escribilo en galego

Alguns obxetos de desexo
          +
Alguns obxetos necesarios
           +
Alguns obxetos de interés
           _
Aquelas cousas que se nos escapan
            divididas
Por unha forza maior
            =
Algunhas cousas.

Don Juán na mirada de Marina Tsvietáieva .!Fóra mitos!

La luna-tal gavilán.
_¿Qué-miras?
-Miro-no más.

-Te agrada- No
¿Me conoces?-Tal vez.
-Yo soy Don Juán.
- Y yo- Carmen.

      

domingo, 3 de noviembre de 2013


Obra de Erika Kuhn

Polas fragas do Eume

                                AMENEIRO


"...y cuán turbado está aquel que tiene que volar" Rilke.


a intensidade
non é doada de levar
e aínda máis dificil de pousar

cando quere pechar os ollos
volve a mirada aberta do animal

e contempla por primeira vez
a beleza núa das pólas do ameneiro
tecendo unha arañeira interminable
contra o ceo grís dunha mañá

ese brinco inquedo das entrañas
ese latexo interior inevitable
sempre no limiar do claroscuro
acompaña ao río ata o final.


                    Ana López.

viernes, 1 de noviembre de 2013

EL FRIO DE UNA PALABRA SIN ACENTO


Dejamos sin vivir el mes de mayo
y nos ha sorprendido el otoño
con ese cojear amarillento
de las lisiadas horas del calendario.
No es el frío de una palabra sin acento
lo que nos hace añorar el verano,
sino el peso ofensivo de las mantas
donde se acumulan los sueños
como perfiles de ojos abiertos.
Demasiadas sombras en la espalda
impiden saltar las cornisas del viento. 

Tal vez deberíamos abandonar la ciudad
y poblar nuestros cuerpos
con memorias de la primera mirada,      
con el paisaje de aquellos abrazos
que hoy se astillan en el olvido.
Tal vez deberíamos huir de esas fotografías
que nos encierran en una sonrisa saturada
y ser ráfaga del pájaro que no necesita calles
para volver a casa tallando la madrugada.
Nacer sin el hastío de haber nacido.

No es el frío de una palabra sin acento
lo que aumenta el desdén por la vida,
sino la cita ineludible con el espejo
cuando la almohada se niega
a ocultar nombres que ya no existen.

Alfredo Cernuda.

Unha agarimosa lembranza aos nosos difuntiños

Pode ser
que nos mezan
e nos miren na noite
os que tanto quixemos.

Pero nós
non podemos abrazalos
nin velos !

            Ana López.

jueves, 31 de octubre de 2013

Regreso

Regreso tantas veces
a esa casa da nenez onde a vida se asenta
buscando o agarimo do seu colo,
esperando encontrar
"as bonecas, os aros e as pelotas"
que xogaban ás agachadas coa pobreza.
Só me esperan os xoguetes rotos
e un silencio que doe.
Non hai abrazos na porta
nin se amasan bicos na cociña.
Todo é silencio no patio do lecer,
falta o balbordo das risas e das rifas
ás carreiras.
Pero eu quero volver
á primeira e última casa que vai saber de min;
á que choro sen bagoas
á que sinto na pel
á que escoito nos soños
e quero comprender.
Quero vestir o traxe dos domingos
e camiñar da súa man as empedradas rúas,
quero poder abrazar e contar tantas cousas !
antes de que me perda definitivamente
no bosque das sombras.

                   Ana López.

Xa que nalgunha ocasión me mostrei moi esceptica coa columna de Xosé Carlos Caneiro, hoxe quero dicir que comparto sen reparo a súa columna na Voz de Galicia; fala de "portas" eu abro de par en par a miña a aos afectos, a min tamén me gustan as miradas abertas así que hoxe vou da man do articulista. Mañá xa veremos.

PIDO QUE ALGUÉN ME CONTE


Traio este cachiño de texto aquí pola razón da desazón.... que quedou dentro de min desde que escoitei falar a Vila Matas.
Foi unha fustración, unha quimera, non entendín nada do que falou .....
En fin, para acougarme pensei que cada louco co seu tema.

Fai moi poucos días estiven nunha conferencia de Luis Goytisolo. O mesmo sabor amargo na gorxa e na corteza cerebral: non pode ser cousa deles, ten que ser a miña incultura.
A sensación que tiven escoitando, con toda atención a Goytisolo foi exactamente a de estar vendo un gran cerebro gris metido nun frasco de formol.
Fai falla ter valor para confesar así, a corazón aberto, a miña ignorancia.
Por iso volo conto. vou ver ata onde poden dar as miñas luces para albiscar algo do que hai por aí fór do meu raquítico e incoloro cerebro.



 «todo el mundo, exactamente todo el mundo, se siente capaz de escribir una novela sin haber aprendido nunca ni siquiera los instrumentos más rudimentarios del oficio, y sucede también que el vertiginosos aumento de estos escribientes ha terminado por perjudicar gravemente a los lectores, sumidos hoy en día en una notable confusión. Sabe que «los españoles son de esa clase de gente que se cree que por repetir una y otra vez la misma cosa al final acaba siendo verdad». Porque no desconoce al auténtico escritor y experimenta en carne propia que «quien escribe con sentido del riesgo anda sobre un hilo y además de andar sobre él tiene que tejerse un hilo propio bajo sus pies». Es lúcido como pocos: «puedo decir tranquilamente que, entre la vida y los libros, me quedo con estos, que me ayudan a entenderla. La literatura me ha permitido siempre comprender la vida. Pero precisamente por eso me deja fuera de ella». Se conoce muy bien y no ignora lo que quiere: «fui construyéndome un estilo literario inconformista y excéntrico: un estilo vanguardista al principio y que con el tiempo se ha ido serenando. Un estilo contra el tedio familiar, el de la casa de mis padres, pero también contra el tedio aplastante del país en el que me había tocado nacer. Un estilo a la contra y un intento siempre de decir cosas distintas, con humor a ser posible, para romper con la falta de ironía del monólogo anticuado y único del patriarca». Y mantiene su nave bien sujeta, técnico en aguante y perito en soportar las tormentas exteriores: «Y continuar. No he hecho nada más en la vida que continuar. Terminaba un libro y empezaba otro, siempre continuando. Perderlo todo menos la soledad. Y tener aplomo y dignidad y no llorar, justificarme ante la muerte con una obra bien hecha».
Cómo no sentirme hermanada en pensamiento con un ser que indica que «sin la literatura, la vida no tiene sentido», un ser que no se engaña ni considera que su apetencia sea la más recomendable, pues muy bien ha experimentado la paradoja de la literatura: «Precisamente porque la literatura nos permite comprender la vida, nos deja fuera de ella». Me siento reflejada cuando indica: «Busco el recogimiento, porque suele ser más interesante la literatura que la vida. No sé si es paradójico, pero me gusta muchísimo la vida porque, digan lo que digan, se parece a una gran novela».
Creo que ha quedado clara mi admiración por Enrique Vila-Matas y sé que él se sonreiría con un escrito como el presente, por eso del «lujo de las citas, de las líneas ajenas que incluimos en nuestros propios textos» y porque «escribimos siempre después de otros». Como señala en Perder teorías: «La literatura es la creación más valiosa de la humanidad en su intento por entenderse a sí misma».
Con él y con Pierre Michon refrendo que «me niego a convertir el milagro en profesión, el talento en carrera literaria. La literatura no es un oficio, es una enfermedad; uno no escribe para ganar dinero o caer bien a la gente, sino porque intenta curarse, porque está infectado, porque lo ha ganado la tristeza». 

Isabel martínez Vaquero

Imaxe google

E A MIN QUE ME DIN?  Despois do ano de turbulencias políticas, económicas, sociales, morales .......
NADA ME ASUSTA A MIN, SAMAÍN.

Na varanda

Camiño pola beira
estendo o tempo
nas ondas.

No mar
un ronsel de prata.

Instante azul
na varanda.

     
         Ana López.

martes, 29 de octubre de 2013

ASÌ, GOZANDO DA TRANQUILIDADE E O REPOUSO.........

I
Ilustración José Arce

ANIVERSARIO

voces orfas
pasos que se perden
no longo corredor
da ausencia

O dia 30 de outubro do ano 1999 morreu Uxío Novoneyra, levamos catorce anos orfos, non só dunha voz grande da poesía segada antes de tempo, cando aínda lle quedaba tanta palabra por dicir, tantos fermosos libros que abririan novos camiños nesta realidade esfameada, senón que nos falta tamen o Home bo e xeneroso.
                                                  Ana López.


Estas liñas foron sacadas dunha entrevista a Elba Rei, na súa voz está a palabra de Uxío.

"Considero que ser poeta é o máximo destino. é o máis solidario coa  tua existencia e coa dos demáis.É a mirada máis compasiva"

"A poesía é todo o máis real, o máis axustado á realidade.Para Uxío a vida e a obra estan tan encaixada que é dificil distinguilas. El sempre dicia que tentaba fuxir do que a xente entende por poeta"

"No poeta sempre poden a esperanza e a responsabilidade máxima"

"Se un poidese orar aínda, o único que teimaría en pedir sería non ceder nunca do entusiasmo"

Na súa caixiña, para acompañalo na última viaxe, Elba púxolle estes fermosos versos:

Camiño de volta fago
volvo do cabo do mundo
Terra solo en ti me fundo
é a certeza que traigo.
                        Uxío Novoneyra.

ACLARACIÓN

Que a ninguén se lle ocurra pensar, coma a Conchi, que LUJURIA, ese precioso poema, é meu. Primeiro porque nunca se me ocurriría enganarvos. Segundo porque nunca  daría escrito algo tan bo e terceiro, está en castelán.
A imaxe é de Angel Boligán e o poema e collido dunha miscelánea e nin nombre ten.
Que máis quixera eu...



Lujuria 

Seré cómplice
de esa palabra
que tienes en la punta de la lengua;
ven, escóndela en mi sexo.

PASA, NON TE MOLLES .....

Imaxe google

lunes, 28 de octubre de 2013

Visita o xoves a exposición "Metamorfosis" do poeta e fotógrafo Manuel Vilariño no MAC da Coruña. É unha retrospectiva dos trinta anos de obra, o último unha viaxe por Extremadura da man da néboa. Antes da visita pronunciou unhas palabras; pura e profunda poesía,definiuse como un ser que fora i é "silencio e soedade", inda que non falou deso, ali palpamos a reciente perda que sufriu. Recomendable exposición, recomendable poeta. Estas pequenas palabras son para el con moitisimo respecto.

                             PERDA

Escoitaba ausente aqueles cantos dos que non participaba e sentía sobre el os abrazos como gadoupas que o esgazaban; pero mantíñase dreito.
Agora contaba coa comprensión social do silencio, era normal que naquel momento non dixera nada, por unha vez non tería que disculparse.
Ó redor a vida seguía.
Non sabía con que forza contaría mañá, pero seguro que sería quen de comezar o día, e rematalo.
Eso sería todo.

                      Ana López.

domingo, 27 de octubre de 2013

Verde

Sempre hai un día
no que o verdor esmorece
entón chegou o momento
de agardar
por unha nova primavera.

                  Ana López.

sábado, 26 de octubre de 2013

Non me resigno-2

Non me resigno ao silencio,
nin me fio do voo das bolboretas
abatida beleza dun instante.

Non me resigno a dormitar
na palabra que atolda o cristal
onde se conxela a esperanza.

Non me resigno a camiñar
polos beizos do tempo
recitando abecedarios alleos.

Non me resigno a mirar con rutina
o po deste desgastado presente
que se difumina no abismo.

Non me resigno a ser unha lembranza
no vértice da fráxil memoria dos días.

Non me resigno a contemplar indolente
como o home asustado afunde os ollos
no cadaleito do futuro.

Non me resigno a ceder baixo o peso
das respostas que rebentaron as preguntas.

Non me resigno a escoitar indiferente
o tintineo das cadeas.

                                 Ana López.

jueves, 24 de octubre de 2013

 

El cansancio
El cansancio. De nuevo, el
cansancio. El esfuerzo por
sobrevivir. Reiterado

Observar las nubes.
Dentro.
Barrer.
Dentro.

Elegir quedar.

                                       Toda nube
lleva una trayectoria. Asumir
la trayectoria. Imposible
barrer todo siempre. Está el
cansancio.

                              Aunque también el de
las trayectorias. De ver pasar las nubes.
También ese cansancio.

                                                  Entonces,
por un momento, ahora.
Sin voluntad. Y casi está bien.
Hasta pensar el estar bien y convertirlo
en nube. En trayectoria.

De "Hilos" 2007

Chantal M.

Estamos hoxe na rúa na defensa do futuro. Que os cartos non o limiten !

O FUTURO
é a historia da xente
que non calou
nin o poder
amedrentou !

Ana López.

miércoles, 23 de octubre de 2013



Escribir

enredarse nas sombras á procura da luz
un camiño que se perde cada día
un alento afogado no peito
pasos que non volven
tempo que fuxiu
un silencio
un lamento
escribir


Ana López.

Tarde de outono

Pouco queda do día
deíxome caer espida
no leito de follas
deste outono.

Pouco queda de min
entro e saio do tempo
vou e veño no ar


Demorada na choiva
desta melancólica tarde
de setembro

inda sinto no corazón
a inexorable paixón
de vivir.


Ana López.


Foto:Fernando Barbeyto.

martes, 22 de octubre de 2013

MAÑÁ ESPLÍCASMO QUE HOXE NON TEÑO CABEZA PARA ISO


Obleas

Nos decían que dios era el padre.
Nos decían que dios era el padre
y que era el hijo.
Nos decían que dios era el padre
y que era el hijo
y que era una paloma.
Nos decían que el hijo
-que era el padre-
había sido concebido por el padre
-que era el hijo-
por medio de la paloma
-que era el padre y que era el hijo-
sin cópula alguna
en el vientre de una mujer inmaculada
que era la madre
del hijo
del padre
y de la paloma.
Nos daban una oblea
y nos decían que nos comiéramos
a los tres.
Nos decían
que había que tener fe para tragárselos.
Y yo creía
hasta el momento en el que
el padre, el hijo y la paloma
se me quedaban
pegados al paladar.

Iván rafael

lunes, 21 de octubre de 2013

POEMA FUNIL



Península situada al sudoeste de Europa y al norte del continente africano.
Tierra de íberos, turdetanos y vascones abundante en conejos.
Colonias romanas de la costa mediterránea de Iberia.
Provincias Baetica, Tarraconensis y Lusitana.
Dominios de suevos, vándalos y alanos.
Gallaecia, Hispania y Narbonensis.
Emirato árabe de Al-Andalus.
Reino de Castilla y Aragón.
Imperio católico español.
Monarquía española.
Primera república.
Otra monarquía.
Otra república.
Dictadura.
España.
Spain
S.A.
 
Iván R.