Flores que recendan no teu cuarto e que enchan de cor esta tarde despoboada.
Non me gustan as tardes de domingo. O silencio introdúcese coma unha mala herba polas fendas das horas. As rúas íspense de cores. O sol do verán calcina as esquinas do baleiro. Páranse os reloxos e o tempo debuxa pantasmas nas cicatrices do corpo.
Quedo cunha destas flores. Pendurareina da miña soidade azul
(Foto e texto propios)
No hay comentarios:
Publicar un comentario