lunes, 17 de junio de 2013

A GATA BRANCA

Indiferente
tras o cerco de cristal
nun leito de plumas
unha gata branca.

Quedou sen árbore onde saltar.

levaron as palas o salgueiro
que choraba no patio,
quedou sen follas o camiño
que sinalaba o tempo.

As flores perecen
na maraña de silvas
dun xardín salvaxe.

Non hai menceres de nácar
días azuis, nin solpores laranxa;
quedaron pechados no cobalto da lúa
onde habita Baku.

Polos mares do inverno
navegan pregados os abanos dos soños
de regreso.

                           Ana López.

2 comentarios:

  1. Ana, non me estraña que non puideras vivir sen botar todo iso fóra porque calquera motivo en ti provoca poesía. Noraboa.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, aprezo moito as tuas palabras.

    ResponderEliminar