Recoñézome coma unha chispa de enerxía que se acendeu entre dúas nadas que poden ser milenarias, seguindo una longa evolución (creo que aínda gardo en min latexos de ameba) e que non sei se se prolongará en consciencias máis elevadas noutras órbitas do ser. Tampouco me preocupa.
Sei que a enerxía non se crea ............., todos o sabemos. Polo tanto poderemos ser un outro. Dáme o mesmo.
Un día morreume un pato e no mesmo campeiro incinereino. Senteima á beira para observar o proceso e cavilar: ao final xa non tiña pato pero tiven outra cousa: calor, luz, fume, efluvios e cinzas das que nacerían, seguro, herbas e quizabes margaridas.
Para min somos procesos efímeros que acontecemos nun período nanomilesimal, como partículas integradas que toman certa conciencia de si mesmas e se desvanecen e desintegran coa mesma velocidade nun universo inconmensurable.
Que máis sucederá se algo sucede ? Non o sei nin me preocupa.
O que si sei é que antes de existir, non existía, e nada pasaba.
Eu ? non.
gema, 15-06-13

No hay comentarios:
Publicar un comentario